Denuncian que a Xunta deixa á Mariña fóra das 4.000 vivendas públicas anunciadas para 2026
Ourol, 20 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE da Mariña celebrou este mércores en Ourol a súa reunión mensual, dentro da dinámica de encontros que se realizan cada mes nos diferentes concellos da comarca. Trátase da terceira xuntanza realizada desde a renovación da Executiva Provincial e o nomeamento de María Loureiro como coordinadora comarcal, nun formato de traballo interno que permite ás agrupacións analizar de maneira conxunta as problemáticas compartidas do territorio.
Os representantes socialistas coincidiron en que a Mariña continúa a ser unha comarca esquecida pola Xunta, unha situación que, segundo advertiron, “se traduce na perda constante de oportunidades industriais, económicas e sociais”.
No encontro volveron situarse como prioritarios os graves déficits estruturais do territorio, especialmente a falta de infraestruturas e de vías de comunicación axeitadas. Os socialistas alertan de que esta realidade está a provocar unha maior debilidade do tecido industrial, xa que “a comarca segue sen contar cunha base sólida de comunicación e investimento, o que obriga a moitas empresas a marchar pola falta de apoio e planificación da Xunta”.
Outro aspecto que preocupa ao PSdeG-PSOE é a crítica situación da sanidade pública. As agrupacións denunciaron as carencias existentes en todos os centros de saúde e especialmente no Hospital da Mariña, onde a falta de profesionais e a perda de servizos están a afectar directamente na calidade asistencial da veciñanza.
A Mariña queda fóra das 4.000 vivendas públicas anunciadas por Rueda
A vivenda foi o asunto que xerou maior preocupación nesta xuntanza, tras o anuncio do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre a construción de 4.000 vivendas públicas en Galicia en 2026. Os socialistas expresaron a súa fonda preocupación ao comprobar que ningunha delas está prevista para a Mariña, malia tratarse dunha zona cunha demanda crecente e con listas cada vez máis amplas de solicitantes de vivenda pública. Consideran que esta exclusión é “incomprensible e profundamente inxusta”.
Neste contexto, o PSdeG-PSOE esixe á Xunta que rectifique e incorpore á Mariña na planificación de vivenda pública prevista para 2026, acompañando esta decisión dun diagnóstico serio e rigoroso sobre a demanda real existente. Reclaman tamén unha colaboración efectiva cos concellos para dispoñer de solo e proxectos que permitan dar resposta as necesidades da poboación, así como un compromiso firme coa reactivación industrial e coa mellora das infraestruturas, elementos imprescindibles para fixar poboación e garantir futuro.
“A Mariña necesita infraestruturas, industria e vivenda, e unha sanidade pública forte. Son piares básicos que a Xunta leva anos ignorando. Non aceptamos que o anuncio das 4.000 vivendas deixe a nosa comarca fóra outra vez. A Mariña tamén merece futuro”, concluíu María Loureiro.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



