Ribadeo, 24 de novembro, 2025. O pasado domingo 23 realizouse o acto de presentación do proxecto “Pomba, a que non era”. Presentado por J. M. Ventoso Picos, produtor da obra. Asistiron case sesenta persoas tanto adultos como nenos. Ao final do evento repartíronse unhas postais con arte do libro e ofreceuse café e biscoitos para continuar coa conversa. O vídeo completo poderá verse na páxina de Goteo onde continúa a campaña de financiamento da obra (gl.goteo.org/project/pomba-a-que-non-era). Grazas en parte á resposta dos asistentes, a campaña xa alcanzou o 25% dos obxectivos de financiamento.
O acto comezou por explicar o método de financiamento colectiva que se está a usar para poder sacar o proxecto adiante, que pola súa novidade confundiu a parte dos seguidores das artistas. Logo, deuse paso a Lucía Ferro e Andrea Lombardía, e entre os tres mantiveron un diálogo sobre os temas tratados e como afectan ás vidas persoais das autoras. Logo disto, Lucía recitou os versos que compoñen o libro para tratar de evocar nos asistentes unhas sensacións semellantes ás que poderán experimentar unha vez lean a obra finalizada, acompañada á guitarra polo presentador.
A parte central do evento consistiu en Andrea e Lucía entrevistando a dúas psicólogas locais, Silvia Arias e Iria Díaz Ainse. Durante a charla, indagouse nos efectos traumáticos do bullying e outras problemáticas dende o seu comezo, os síntomas que se poden identificar en xoves, como tratar de minimizar as súas consecuencias ou como lidar con elas no caso de que acontecesen. As intervencións foron amenas mais trataron a temática de xeito rigoroso e en profundidade. Ambas psicólogas fixeron referencia á historia e debuxos do libro en numerosas ocasións como un bo exemplo para iniciar unha discusión sá sobre os traumas coa infancia.
A última parte do acto foi unha continuación da charla entre J. M., Lucía e Andrea, onde estas últimas explicaron o proceso de desenvolvemento da obra, dende a primeira aproximación entre elas a todas as súas influenzas, marcadas pola súa crianza na mariña lucense. Recalcouse durante este período a necesidade de obras como esta, non só no noso idioma senón tamén influenciadas polo noso entorno máis próximo, algo moi difícil de atopar en obras existentes.
Os participantes no evento recalcan o agradecidos que están polas achegas do público, e decláranse optimistas de chegar ao mínimo marcado para sacar a obra antes do día 26 de Decembro, data límite para a financiamento.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



