Ribadeo, 14 de novembro, 2025. O Concello de Ribadeo acolleu con éxito esta tarde a celebración dunha mesa de debate enmarcada nas Xornadas arredor da Ría de Ribadeo, un evento clave para poñer en valor o patrimonio marítimo e cultural do municipio dentro do proxecto Ribadeo cara ao Mar.
As Xornadas arredor da ría deron comezo onte cunha xeorruta interpretativa, que congregou a numerosas persoas interesadas en coñecer de preto a riqueza xeolóxica e ambiental da contorna. A actividade marcou un inicio excepcional para este programa cultural, que está a ter unha acollida moi destacada con máis de 100 persoas inscritas no conxunto das propostas.
O acto reuniu aos alcaldes dos tres concellos que comparten este espazo singular: Daniel Vega (Ribadeo), Francisco Javier Vinjoy (Castropol) e César Álvarez (Vegadeo).
Os rexedores debatiron sobre a ría como “espazo social e de identidade compartida”, subliñando que este espazo acuático é o nexo de unión entre os municipios e as súas xentes, onde se comparte fala, cultura e tradicións. Esta reunión no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo marcou un punto de inflexión importante para futuras colaboracións territoriais.
O Alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, agradeceu a presenza dos seus homólogos e recalcou que a ría debe ser vista como unha fonte de oportunidades e un piar fundamental para a economía do territorio. O rexedor fixo fincapé na importancia de evitar o individualismo e centrarse no obxectivo común do territorio: “A ría é un nexo de unión, un punto de encontro… A ría é un motor económico, un impulsor e un dinamizador que une a Castropol, Vegadeo e Ribadeo”.
O Alcalde de Castropol, Francisco Javier Vinjoy, incidiu no compromiso necesario por parte de todas as entidades e cidadáns no coidado da ría: “A ría é un nexo de unión entre todos os municipios e todos os pobos que vivimos na súa ribeira, e temos o compromiso de coidala en todos os sentidos, desde o punto de vista da natureza e tamén coidala desde o punto de vista dos servizos”.
Pola súa banda, o Alcalde de Vegadeo, César Álvarez, destacou o avance na xestión compartida e a necesidade de planificación a longo prazo: “Algo temos avanzado dentro destes 40 anos… A ría é un dos elementos que entre todos temos que volver aprender a xestionar, aprender a tomar decisións do que queremos, para traballar ese camiño e conseguir que volva a lucir”.
Os tres alcaldes coincidiron na necesidade de abordar a xestión da ría non só dende unha perspectiva cultural e medioambiental (que inclúe a defensa do patrimonio subacuático e a loita contra as plantas invasoras), senón tamén como un motor económico. Ribadeo, historicamente un dos portos máis importantes, segue a reivindicar a ría como clave para o comercio, o sector forestal e o desenvolvemento industrial e turístico.
Entre os temas tratados, subliñouse a importancia de proxectos conxuntos como a senda verde que podería circunvalar toda a ribeira e a necesidade de captar fondos europeos para investimentos. Así mesmo, o Alcalde de Ribadeo recalcou o seu compromiso con melloras na rede de saneamento e a eliminación de vertidos, destacando o estudo de situación da rede de saneamento en Ribadeo financiado pola Xunta de Galicia.
A sesión concluíu coa reafirmación da unión e o traballo conxunto dos tres municipios, dende as súas particularidades propias, para garantir un futuro próspero e sostible para todas as xeracións.
As Xornadas continuarán hoxe e durante toda a fin de semana cun amplo programa de actividades, entre as que destacan os paseos en barco pola ría, as visitas guiadas por espazos de interese histórico e ambiental, así como unha degustación gastronómica. Un conxunto de propostas que completan unha programación pensada para achegar á cidadanía á riqueza natural, cultural e económica deste espazo común.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



