O primeiro obradoiro comezará o 2 de xaneiro e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade. Na programación, que se estenderá ata o 1 abril, hai máis de 340 prazas para participar en actividades de educación ambiental dirixidas tanto para público adulto como infantil
Lugo, 29 de decembro, 2025. A Deputación de Lugo abriu este luns, 29 de decembro, o prazo de inscrición para anotarse nas primeiras 18 actividades gratuítas que organiza a institución provincial para fomentar o lecer saudable e a educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño. O calendario, que comezará o 2 de xaneiro e estenderase ata o 1 de abril, inclúe máis de 340 prazas dirixidas a público adulto e infantil. Todas as propostas terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño.
O primeiro curso, Robotix nature: innovado para o planeta, celebrarase do 2 ao 7 de xaneiro en horario de mañá e nela poderán participar nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade. Tamén en xaneiro realizaranse tres obradoiros para adultos sobre Podas de árbores, de froito e viñas; Creación dun pequeno invernadoiro e unha primeira edición do curso de Enxerto.
En febreiro, haberá outras dúas edicións do curso de Enxerto; unha proposta sobre a Arte de conservar e fermentar, que se realizará en horario de mañá ou tarde; e un curso de Técnicas de elaboración e traballo en feltro, no que se poderá participar tamén en horario de mañá ou tarde. Ademais, os máis cativos e cativas da casa aprenderán a crear máscaras e complementos naturais para o Entroido.
En marzo, hai previstas as seguintes propostas: Plantas culinarias, con opción de participar ou ben pola mañá ou ben pola tarde; Flores de papel; Limpeza e mantemento dos bosques. Prevención de incendios; Alta cociña na reserva e Baños de bosque. A última actividade deste primeiro trimestre do 2026 será Ecodetective de consumo: investigando símbolos e terá lugar do 30 de marzo ao 1 de abril.
Inscricións
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a través das diferentes canles dispoñibles, chamando ao número de teléfono 982 227 812 e 982 305 930, enviando un correo electrónico a und.medioambiente@deputacionlugo.org ou a través da web: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



