Ribadeo, 31 de decembro de 2025. Hai uns días arrincou no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, a segunda edición do ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña lucense. Están destinadas aos estudantes de FP aos que lles queren insistir en que “aquí hai futuro, que hai moita demanda de man de obra por parte das empresas, e que tamén nesta comarca é posible emprender”.
Nun salón de actos cheo os CEOS de Reyco e de BeOne, Iván Marrube e Roberto Ramos, contáronlles as súas experiencias laborais, subliñaron que A Mariña é unha comarca con moitas potencialidades, que os salarios e os traballos que aquí se poden atopar reúnen as mesmas condicións que os empregos aos que se pode acceder en grandes cidades. E incidiron en que a calidade de vida da Mariña non é comparable a ningún outro lugar de España.
A recomendación de Marrube, que desde neno tivo claro que quería ser xefe, foi moi directa: “soñar en grande e traballar duro” para conseguir os obxectivos que un se marca na súa vida profesional. E comentou que “a mente non ten cancelas” e que “máis vale acción que percepción”. Pola súa banda, Ramos, que se centrou nas posibilidades de emprender nesta comarca, dixo que “comunidad, confianza, calidad de vida, apoyo o identidad son algunas de las cualidades de Ribadeo frente a ciudades como A Coruña, Madrid o Londres”. E subliñou: “aquí si haces las cosas bien, te recomiendan, te apoyan y te valoran”.
A esta primeira charla acudiu a subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo, Cristina Lesta.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, agradeceu “a acollida do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, ao seu director, Isidro Berdeal, e ao seu equipo, por abrirnos as portas para poder achegarlle aos estudantes que nesta comarca hai futuro laboral e que moitas empresas están agardando por eles”. E engadiu: “este ciclo seguirá ao longo deste curso por outros centros de ensino da comarca. O ano pasado estivemos en Ribadeo, en Foz, en Burela, en Viveiro e en San Cibrao e neste 2026 achegarémonos con este ciclo a outras vilas”.
Cruzado Iglesias palabras de agradecemento para a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional “por sumarse a este proxecto da FCAM e polo seu apoio loxístico”. E destacou “a colaboración económica das dúas empresas que nos acompañan neste segundo ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña: Reyco, que repite, e BeOne, que se estrea con nós. Agardamos que esta experiencia sexa moi positiva para todos e que traballemos xuntos por esta comarca”.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



