Na presente edición, farase un achegamento ao Fenómeno Xacobeo
Mondoñedo, 7 de decembro, 2025. Mondoñedo retoma a actividade divulgativa coa habitual cita arqueolóxica de decembro que, na presente edición, acada os 25 anos.
A cita, que combina charlas e visitas, terá lugar os días 12, 13 e 14 de decembro na Sala de Conferencias do Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo Montenegro e será unha edición que versará, de forma xenérica, sobre o Fenómeno Xacobeo, abordando aspectos arqueolóxicos, históricos e da historia da arte, combinando isto cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á Necrópole da Catedral de Santiago.
Nesta edición, o Concello conta coa colaboración Vrije Universiteit Brussel (VUB) (Bruxelas, Bélxica), o Max Planck Insitute of Geoanthropology (Jena, Alemaña) e a Catedral de Santiago, para levar adiante unha presentación e revisión ao respecto da temática proposta.
A edición deste ano, dirixida polo arqueólogo municipal Abel Vigo, conta coa dirección científica de Patxi Pérez Ramallo, quen, entre outras áreas, ten estudado a fondo o fenómeno Xacobeo dende a perspectiva da bioarqueoloxía.
O programa comezará o venres día 12, ás 19:30h coa entrega de documentación e co acto inaugural para arrancar a actividade propia do curso, ás 20:00h, coa intervención de D. Patxi Pérez Ramallo que leva o título “A voz das persoas anónimas: a bioarqueoloxía e a orixe do Camiño de Santiago”
A segunda xornada, o sábado día 13, arrancará pola mañá, ás 12:00h, coa conferencia titulada “La peregrinación a Santiago de Galicia en Época Moderna (siglos XVI-XVIII): crisis y recuperación de un santuario secular”, a cargo de D. Domingo Luís González Lopo.
Na tarde do sábado, ás 18:00h, terá lugar a segunda conferencia do día, titulada “El altar mayor de la Catedral de Santiago de Compostela. Iconografía, peregrinos y ritos de la peregrinación” a cargo de D. Miguel Taín Guzmán.
A actividade finalizará o domingo día 14 cunha xornada en Santiago de Compostela.
Constará dunha conferencia, ás 10:00h, titulada “Aproximación a los últimos procesos de restauración de la Catedral de Santiago”, a cargo de D. Daniel Lorenzo Santos. E, xa pola tarde, continuará cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria e á Necrópole da Catedral de Santiago, a cargo de D. Daniel Lorenzo Santos e D. Patxi Pérez Ramallo.
A xornada rematará, unha vez rematadas as visitas guadas, coa entrega de diplomas.
Para a asistir á actividade prégase inscrición a través do e-mail xonradas.arqueo@gmail.com ou a través do teléfonos 982 50 71 77 e 982 52 40 03. A matricula na actividade é gratuíta e estará aberta ata o venres día 12, ás 14h.
Dende o Concello de Mondoñedo queren convidar a asistir a esta actividade a todas e todos os afeccionados ao mundo da historia e da arqueoloxía a través deste atractivo programa de actividades.
Horario detallado
Venres 12 de decembro
19:30h. Entrega de Documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia.
“A voz das persoas anónimas: a bioarqueoloxía e a orixe do Camiño de Santiago”.
Dr. D. Patxi Pérez Ramallo. Bioarqueólogo
Vrije Universiteit Brussel (VUB) (Bruxelas, Bélxica)
Max Planck Insitute of Geoanthropology (Jena, Alemaña)
Sábado 13 de decembro
12:00h. Conferencia. “La peregrinación a Santiago de Galicia en Época Moderna (siglos XVI-XVIII): crisis y recuperación de un santuario secular”
Dr. D. Domingo Luís González Lopo. Universidade de Santiago de Compostela. Ex-director da Cátedra do Camiño de Santiago Coordinador da Cátedra UNESCO n.º226 de Migracións da Universidade de Santiago
18:00h. Conferencia. “El altar mayor de la Catedral de Santiago de Compostela. Iconografía, peregrinos y ritos de la peregrinación”
Dr. D. Miguel Taín Guzmán. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Director da Cátedra do Camiño de Santiago
Domingo 14 de decembro
07:45h. Saída cara a Santiago de Compostela.
Saída do cruce de Rúa da Fonte con Avda. Bos Aires.
10:00h. Conferencia. “Aproximación a los últimos procesos de restauración de la Catedral de Santiago”
D. Daniel Lorenzo Santos. Director Fundación Catedral de Santiago. Coordinador restauración Catedral de Santiago. Membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Licenciado en Dereito e Dereito Canónico. Membro do Cabido da Catedral de Santiago
16:00h. Visitas Guiadas á Catedral de Santiago.
Visita guiada ao Pórtico da Gloria
Visita guiada á Necrópole da Catedral
Guiado a cargo de
D. Daniel Lorenzo Santos
Dr. D. Patxi Pérez Ramallo
Entrega de diplomas.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



