A presidencia dos EUA ven de definir a súa política exterior a respecto da Unión Europea, a quen considera aliado pouco fiábel pola súa suposta tolerancia a unha inmigración mesmo substitutiva que seica pretendería anular unha suposta identidade nativa europea. Trump aposta polo enfeblecemento, cando non destrución da Unión Europea (UE) e polo pacto cos nacionalismos supremacistas da extrema dereita europea (os neofascistas alemáns, austriacos, holandeses, polacos ou húngaros, Front Nationale, Vox Chega, Reform UK) nunha nidia manobra de balcanización europea, mentres desenvolve a mesma política balcanizadora na América Latina.
Este ataque ás institucións democrática tende a deslexitimar os procesos electorais, cuestionando sen probas os seus resultados se non son favorables, erosionando a confianza no proceso democrático (velaí o trumpismo nas eleccións presidenciais de 2020 e os bolsonaristas nas últimas eleccións presidenciais brasileiras). Ao tempo desenvolve unha guerra total contra o Estado de Dereito: críticas, intromisións políticas ou ataques ao Poder Xudicial (como os desenvolvidos na Hungría e na Polonia do anterior goberno extremista), os medios de comunicación independentes (alcumados de “inimigos do pobo”) ou a función pública, que actúan como elementos de balanceo e equilibrio.
Estas mesmas correntes extremistas restrinxen os dereitos humanos e civís alí onde gobernan, desenvolvendo políticas que restrinxen substancialmente os dereitos de colectivos específicos, como a comunidade LGTBIQ+, inmigrantes, mulleres e minorías raciais, políticas e relixiosas e avogan por restricións no acceso ao aborto e á saúde reprodutiva. Estas políticas desenvólvense no marco dun discurso que promove á intolerancia e á discriminación, despersonalizando e estigmatizando estes colectivos e minorías.
Na Europa, as forza de extrema dereita aliadas do trumpismo promoven unha identidade ríxida e excluínte, na que o estranxeiro, o inmigrante, o “globalista” e as minorías nacionais e nacións sen Estado (galegos, cataláns e vascos para Vox, galeses, escoceses e irlandeses para Reform Uk ou corsos, bretóns, cataláns e vascos para a Front Nationale) son visto como unha ameaza para a cultura, a economía e a seguridade nacional. Canto á inmigración afírmanse nunha retórica deshumanizadora cara aos solicitantes de asilo e inmigrantes e mesmo promoven a expulsión dos inmigrantes xa naturalizados na Europa, promovendo unha remigración que xa se está a desenvolver inicialmente nos EUA..
Esta caste de movementos extremistas refuga da separación de poderes, do control democrático e da protección xudicial e lexislativa. das minorías e das clases medias e traballadoras. Esquecendo que a Grande Depresión que se desenvolveu despois da crise de Lehman Brothers de 2007 foi un produto xerado pola desregulación, defenden un capitalismo libertario e oligopólico no económico e autoritario no político, baseado nun liderado personalista que mesmo fachendea do seu desprezo á ética e procedementos liberais, ao control xudicial e ao sistema de equilibrios (checks and balances) propios da democracia.
Estes extremismos -como ten observado o profesor da UDC Carlos Aymerich- proxectan unha visión de recursos limitados e da necesidade de priorizar o grupo nacional ou cultural propio, culpando á inmigración e os acordos comerciais globais de roubar empregos e recursos á poboación “nativa“. A solución, para eles, será pechar as fronteiras, porque non hai bastantes empregos nin recursos para todo o mundo: “primeiro os nosos; escolle bando (“whose side are you on?)”.
Negan deste xeito o imperativo ético das democracias europeas, que propugnan sociedades de integración dende a multiculturalidade ou interculturalidade. Para a extrema dereita non se pode ter unha sociedade homoxénea e diversa á vez; hai que elixir entre a nosa tradición ou a súa (o foráneo). Usando, deste xeito, a polarización como ferramenta: ao crearen unha narrativa de crise existencial fomentan unha mentalidade de “ou estás con nós ou contra nós“. desviando o foco de problemas estruturais complexos, simplificando o debate político e obrigando á xente elixir un bando.
Na vindeira semana cumprirá debullarmos a análise do que cómpre facer fronte esta enxurrada.

















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



