Dende hai tempo, estamos a vivir unha ‘volta a España’ desequilibrada. O deporte vese sobrepasado polos intereses económicos e de prestixio asociados. A cousa ven xestándose de lonxe, mais se o pasado ano unha pedra meteuse no mecanismo a conta dun equipo que militaba de pro israelí, este ano coido que a volta debera chamarse algo así como ‘Volta ó Mediterráneo occidental”. Coas tres primeiras etapas coa paisaxe francesa como fondo, e aínda unha máis reducida ó pequeno territorio de Andorra, continúa logo de xeito que o lugar máis próximo a Finisterre polo que pasa está a uns 800 km por estrada dese final do camiño. Quizás teña que ver con que foron as etapas norteñas do ano pasado as que deixaron a impronta dunha volta pro israelí, forzando mesmo a un cambio de nome nas camisetas dos ciclistas do equipo que levaba a Israel no seu nome (porque tamén está no corazón do seu propietario e dalí parece que non saíu), e este ano próximo se queira afastar esa pantasma… E é que hai cousas que nin a lei mordaza, promulgada por un partido de dereitas e prorrogada sine die por un partido que dicía ser de esquerdas, dá parado.
Entre as etapas da volta á fin do verán e hoxe, sabemos que España, Irlanda e outros países non irán a ese concurso que se vía con gran audiencia no século pasado, Eurovisión. A razón, o ente supranacional, chiringuito ó uso que leva a organización, decidiu optar por Israel. E é que a máis dos cartos regados para mercar opinións e vontades, a influencia sionista ten brazos longos, e o goberno israelí hai anos que ten aberto o que chama ‘oitava fronte’: a batalla pola verdade. Non, non é que o diga eu, nin moito menos, senón alguén chamado Benjamin Netanyahu.
Pero a vida segue. Segue a duras penas en Gaza, e ó grande nunha axuda estadounidense para a ‘defensa’ israelí (coido que sería máis propio dicir ‘para o ataque’, pero descoñezo o por que de que o termo usado en xeral sexa ese) que só no ano 2024 ascendeu a uns 130 € por contribuínte norteamericano, e a uns 4000 € por contribuínte israelí -dubido que en xeral uns e outros teñan botado as contas correspondentes-. Un país, por certo, Israel, que ten unha renda per cápita superior nun 50 % á española, e só un 30 % inferior á norteamericana. Un país, Israel, do que xente enterada di que non podería sobrevivir sen o apoio dos EEUU, ó tempo que tamén di que lle fai un certo traballo suxo ó imperio en declive.
E mentres se mantén un desequilibrio neste tema entre verdade, evidencia e apoio a Israel, vese en diversas partes do mundo, particularmente no chamado occidente e en concreto do noso pequeno mundo europeo, un xurdir repetitivo dunha enfermidade contaxiosa inoculada a base de cartos en grandes doses nos medios e gobernos por grupos de presión, lobbys e adiñeirados sionistas: a gripe israelí. Manifestacións: subida de temperatura cando se cita o xenocidio, tuses fortes por riba de calquera cousa que poña en cuestión a actuación de Israel, cara de placidez ou desentendemento cando aparecen imaxes de destrución en Gaza…


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



