Xove, 27 de decembro, 2025. Xove volveu vivir unha das noites máis agardadas do Nadal coa celebración da XIII edición do Concurso de Karaoke 2025, unha cita que cada ano esperta máis expectación e que nesta ocasión encheu o Pavillón de Deportes a pesar do frío.
A velada reuniu numeroso público e participantes chegados non só da localidade, senón tamén doutras zonas da Mariña e mesmo de lugares tan afastados como A Coruña, Oviedo ou Cáceres. O ambiente non defraudou: as tres categorías —peques, júnior e veteranos— contaron cunha alta participación e actuacións que fixeron vibrar ao público, sempre disposto a aplaudir e animar.
O xurado, composto por Xulia Nogueira, Uxío Dayán e Francisco Pico, tivo unha tarefa especialmente complicada pola calidade das interpretacións. A presentación correu, por décimo terceiro ano consecutivo, a cargo de Vanesa Míguez, que guiou a noite con dinamismo e humor.
Desde a organización destacan a excelente acollida do evento, agradecen o apoio do público e recoñecen o esforzo de todas as persoas participantes. A próxima edición, a número catorce, xa está en marcha e promete volver encher Xove de música e ilusión no Nadal de 2026.
Premiados do Concurso de Karaoke 2025
Categoría PEQUES (ata 12 anos)
• Mellor Voz: Aitana Jiménez Blanco — A un paso de la luna (60 €)
• Mellor Voz: Eva Cancela Trastoy, María Posada Duarte e Alex Louzao Casas — La Morocha (60 €)
• Mellor Caracterización: Ainara Sánchez Lage, Jesús López Franco e Antón Preto Canoura — A quién le importa (60 €)
Categoría JÚNIOR (12 a 18 anos)
• Mellor Voz: Daniela Robledo Cardoso — Hometown Glory (90 €)
• Mellor Voz: Carolina Goas Trelles e Martina Castro Díaz — Me has invitado a bailar (90 €)
• Mellor Caracterización: Noa Villota Pernas e Emma López González — Perdonarte para qué (90 €)
Categoría VETERANOS (maiores de 18 anos)
• Mellor Voz: Mª Ángeles Leal García — Déjala correr (150 €)
• Mellor Voz: Laura Míguez Ramos — Esta vida (150 €)
• Mellor Caracterización: Carlos Jiménez Seijas — Abusadora (150 €)





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



