Viveiro, 27 de decembro, 2025. O BNG anunciou esta mañá que presentará iniciativas no Parlamento de Galicia para que o Partido Popular explique por que renuncia á VAP Costa Norte, deixando como única alternativa para Viveiro e a comarca unha estrada convencional e descartando así as promesas feitas durante décadas.
O deputado mariñao Daniel Castro, acompañado pola portavoz municipal de Viveiro Iria Cotelo, o concelleiro Seve Salgueiro e o responsable comarcal Antonio Veiga, participou nunha rolda de prensa na que o Bloque valorou a nova situación creada pola decisión do PP. Entre as cuestións que levarán á Cámara destacan:
• “Por que a Xunta decidiu deixar A Mariña sen VAP?”
• “Cales son as razóns para apostar por un proxecto que non é unha VAP?”
• “Por que non se estudaron outras opcións?”
“A Mariña merece máis”, afirma o BNG
O responsable comarcal, Antonio Veiga, cualificou a decisión como “o enésimo engano do PP á comarca”, lembrando que durante anos se fixeron anuncios que “sabían que non ían cumprir”. Veiga citou as antigas promesas de rematar o corredor no ano 2017 e asegurou que “a mentira e o engano van no ADN do PP e dos seus palmeiros na comarca”.
Tamén comparou a situación da Mariña con outros territorios “que en 18 anos tiveron corredor e agora avanzan cara á autovía”, e reclamou explicacións polo que considera “un trato discriminatorio”.
Acto público sobre infraestruturas o 9 de xaneiro en Viveiro
A portavoz municipal Iria Cotelo anunciou que o venres 9 de xaneiro, ás 19:00 horas, terá lugar un acto público na sala multiusos do Concello de Viveiro para analizar a situación das infraestruturas na comarca. O encontro contará coa participación de diferentes sectores sociais.
Cotelo lembrou que os problemas non afectan só ao corredor, senón tamén á autovía A-74, dependente do Estado, da que “non se executou nin un quilómetro en 25 anos”.
No acto intervirán tamén:
• Néstor Rego, deputado no Congreso
• Daniel Castro, deputado no Parlamento
• Seve Salgueiro, concelleiro en Viveiro




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



