Burela, 3 de decembro, 2025. Este Xoves celébrase un pleno extraordinario no Casa do Concello de Burela, para aprobar o traspaso ó Sergas da Unidade Asistencial de Drogodependencias, unha reclamación dos nacionalistas e de tódalas partes afectadas.
“Nestes mais de dous anos de traballo á fronte da Concellaría de Xustiza Social non fixemos mais ca traballar para que o servizo seguise a darlle da mellor maneira posible e para que o traspaso se convertese nunha realidade” sinalou Mario Pillado, Tenente de Alcaldesa e voceiro do grupo municipal do BNG.
Foi o deputado mariñao do BNG, Daniel Castro, o que levou esta temática ó parlamento galego, cunha emenda ós orzamentos da Xunta en Novembro de 2023. Ademais “eu mesmo estiven representando o concello de Burela en diversas reunións da Fegamp, como concelleiro de Xustiza Social, nas que se foron ultimando os trámites para o traspaso” destacou Pillado.
A Xunta debe asumir mais servizos, como a UAT ou o SAF
Ollando xa cara o futuro, “isto non pode ser mais ca o punto de partida para que dende a Xunta de Galiza asuman as súas propias competencias e deixen de afogar concellos coma o de Burela. Tanto na Unidade de Atención Temperá (UAT) coma no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) a situación é semellante, cun sistema a punto de colapsar no que a administración autonómica é a competente e debe facerse cargo das súas responsabilidades” insistiu o voceiro do BNG en Burela.
Arranxo da Casa do Mar
Pillado foi mais alá dicindo que “como levamos xa tempo defendendo para este cometido a Xunta de Galiza e o Mininsterio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións deben chegar a un acordo para o arranxo do edificio da antiga Casa do Mar e poder crear alí un gran centro de Servizos Sociais, que podería acoller a UAT, a UAD, o SAF e incluso os servizos sociais comunitarios, un centro de referencia na Mariña que reforzase tamén desta maneira os servizos sanitarios e de benestar”.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



