“Pechamos un ano con moitos problemas no centro, con numerosas baixas sen cubrir en atención primaria, pediatría e longas listas de espera para as probas diagnósticas”, lembra Paula Vigo
Vilalba, 19 de decembro de 2025. Os socialistas de Vilalba agradecen o novo ‘espazo humanizado’ inaugurado onte na área de pediatría do centro de saúde, pero consideran que “a humanización que demanda a veciñanza é contar cunha asistencia sanitaria digna, non un cambio na decoración das instalacións”.
“Remata un ano con moito malestar veciñal polos problemas do centro de saúde, con numerosas baixas sen cubrir e longas listas de espera para as probas diagnósticas e as consultas en especialidades”, lembra Paula Vigo, secretaria de Política Municipal do PSOE de Vilalba.
No propio servizo de pediatría, durante este ano a Consellería de Sanidade non aportou substitutos cando as dúas pediatras estiveron en situación de baixa laboral. “As solucións chegan tarde e son parches, como pedir aos profesionais de atención primaria de adultos que atendan as urxencias pediátricas, acudir a centros de saúde doutros concellos ou realizar polas tardes os controis de idade, de forma puntual e sen ningún tipo de continuidade”, lamenta o PSOE.
“En Vilalba hai nenos e nenas que precisan dun seguimiento por parte de especialistas e que estiveron meses sen cita porque no centro de saúde non estaba o seu pediatra para derivalos”, afirma Paula Vigo, “unha situación que afectou tamén ás familias que acuden ao Servizo de Atención Temperá”.
Por outra parte, durante o ano houbo numerosos problemas en atención primaria, “con moitas semanas nas que só había seis ou sete médicos, que tiveron que cubrir o cupo de pacientes dos 11 profesionais que debería haber”, unha situación que a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, puxo en coñecemento da Xunta de Galicia en varias ocasións.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



