“Cervo non pode seguir á espera: Por unhas infraestruturas dignas para un dos principais motores económicos da comarca”
Cervo, 6 de xaneiro, 2026. “En Cervo coñecemos de primeira man o que supón vivir entre promesas que nunca chegan a asfaltarse. Durante décadas, vimos como o progreso pasaba de largo ou se desviaba cara ao interior, mentres a nosa veciñanza e as nosas empresas seguen atrapadas en estradas de hai máis de 25 anos” así se expresaba o concelleiro nacionalista David Villares despois de colocaren unha faixa reivindicativa polas infraestruturas na entrada de San Cibrao, e continuaba amosando a súa contrariedade e malestar porque “as infraestruturas de comunicación son unha cuestión de seguridade e futuro: levamos máis de 25 anos agardando pola execución da A-74 e a VAC Costa Norte, o tren converteuse nunha caricatura romántica que custa ver cruzar as nosas vilas porque non hai frecuencias, o peirao exterior de Morás xa non forma parte da axenda política”.
Afirman os nacionalistas de Cervo que San Cibrao é o pulmón económico da Mariña, mais as empresas locais e os cidadáns seguen sen unha conexión directa por autovía. Non se pode falar de competitividade mentres non teñamos infraestruturas de comunicación á altura deste século.
Deterioro dos servizos públicos e malas comunicacións
Servizos básicos en xogo: Ao igual que os nosos veciños de Burela, Xove, Viveiro, O Vicedo …, en Cervo sufrimos o deterioro duns servizos públicos que se ven agravados polas malas comunicacións. Unha sanidade de calidade tamén depende da facilidade para chegar a ela.
25 anos de esquecemento: Dende que se decidiu levar a Autovía do Cantábrico por Vilalba, Cervo quedou nun “punto morto”.
É inaceptable que, sendo un concello estratéxico para Galicia, a Xunta e o Goberno do Estado sigan sen cumprir os prazos dun corredor que nos debe unir co resto do país. Cervo non se conforma con ser un espectador do progreso alleo.
A Mariña merece máis que boas palabras e orzamentos que nunca executan. Esiximos o que nos corresponde por xustiza social e económica.
Autovía e Corredor XA! Porque o noso futuro non pode seguir agardando na cuneta.
Animan tamén a asistir ao acto público sobre infraestruturas “Viveiro e A Mariña merecen máis” que terá lugar o próximo venres en Viveiro ás 19:00 na sala multiusos do concello e no que participarán Seve Salgueiro, Iria Cotelo, Daniel Castro e Néstor Rego.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



