A sesión deste órgano executivo da Deputación volveu celebrarse este venres no Pazo de San Marcos e aprobou a adxudicación, por máis de 72.000€, da adquisición dun semirremolque tipo góndola que mellorará os traballos de asfaltado do Parque Móbil
Lugo, 16 de xaneiro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, dirixiu este venres a súa primeira Xunta de Goberno no Pazo de San Marcos. A sesión semanal deste órgano executivo da institución volveu celebrarse esta mañá con normalidade tras a elección o pasado mércores da nova mandataria provincial e aprobou, entre outras cuestións, a compra dunha máquina para a conservación das estradas provinciais.
Mediante este acordo, a Deputación de Lugo poderá dotar ao Parque Móbil dun remolque tipo góndola asfalteira. Unha ferramenta que se utiliza para transportar o asfalto quente ata a obra mantendo a temperatura adecuada, polo que resulta moi útil nas obras de conservación e mellora de estradas. Resultou adxudicataria a empresa Merelle Maquinaria SL, que cun prezo de 72.539,9€ terá un prazo de 15 días naturais para entregala desde a formalización do contrato.
Carmela López presidiu unha Xunta de Goberno na que participaron todos os integrantes: o Vicepresidente da institución, Efrén Castro Caloto; os deputados e deputadas provinciais Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Miguel Fernández Méndez, Carlos López López, Iván Castro Díaz, José María Arias Fernández e Iria Castro Fernández; ademais do Secretario, a Interventora e persoal de Actas.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



