A ninguén lle colle de sorpresa as artimañas do BNG. A estas alturas de mandato, aínda lles costa asumir unha realidade a que non estaban acostumados e iso lévaos a actitudes que os empuxan directamente á deriva.
Para empezar, deberían saber mellor que ninguén ó estado lamentable no que deixaron Ribadeo. Fochancas en todas as estradas, edificios nos que chovía máis dentro que fora unhos, e outros auténticos almacenes de trastos vellos, áreas recreativas literalmente abandoadas…
En vinte anos non se decataron da falta de limpeza, do desorden nin da falta de mantenemento… ou si se enteraron, non souberon administrar o orzamento para por remedio a tanta deixadez, pero agora sí o saben!! Agora pretenden vir explicar cómo facer o que non fixeron eles en vinte anos!!
No Pleno desta semana, presentaron unha Moción na que lle esixían ó goberno municipal desviar “100,000€ para empezar” (esas foron as palabras exactas) do Plan Unico para invertir no saneamento do rural.
Sendo conscientes de que o Plan Único destinase históricamente a infraestructuras, SAF e contratación… o que están solicitanto é “desvestir un santo para vestir outro”. E estes son os que pretenden gobernar Ribadeo!! CERO ambición, CERO xestión, CERO traballo.
Nós, sendo conscientes perfectamente da necesidade do saneamento na zona rural, compartimos, como no, a súa preocupación, pero non nos conformamos.
O que fixemos foi propoñer ó grupo municipal do Bng, que foi quen presentou a Moción, unha enmenda a ese escrito, solicitando conxuntamente á Diputación un Convenio Extraordinario de 250,000€ para o saneamento das nosas parroquias, tal e como fan noutros concellos moi pretiño deste. Eles non aceptaron a enmenda e en consecuencia, VOTARON NON Ó SANEAMENTO!!
Claro que lle poden dar as voltas que queiran pero esta é a realidade!!
A realidade é que a eles o saneamento das parroquias preocúpalles exactamente o mesmo que durante os vinte anos que gobernaron, NADA! A realidade é que a finalidade desta moción, máis aló do saneamento, é mermar o presuposto do Concello para arranxo de carreteras e o SAF. A realidade é que non buscan á mellora dos veciños e veciñas, buscan rédito político!!!
Qué mágoa dan…
En qué cabeza colle reducir orzamento propio destinado ó SAF ou a arranxo de estradas tendo a posibilidade de solicitar un Convenio Extraordinario??
Pois só lle colle a este BNG de Ribadeo porque noutros concellos moi próximos SI firman convenios, que é o máis normal si quen goberna se preocupa polos intereses dos seus veciños e veciñas.
Este goberno ten moi claras as deficiencias, a inversión que se necesita e tamén a xestión. Invitamos ó Bng a perder o medo ós seus compañeiros da Diputación. De momento non hai indicios de que traben… e pensen máis nos seus veciños e veciñas.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



