Ribadeo, 9 de xaneiro de 2026. Este sábado, 10 de xaneiro, terá lugar a XV Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que repartirá 5.000 euros premios e unha viaxe a Menorca para dúas persoas. O sorteo será nas carpas instaladas na Avenida Rosalía de Castro a partir das 20:30 horas.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, explicou que “chega unha data moi importante para Acisa, chega tras o Nadal o sorteo presencial da XV Festa do Comercio, que se realiza coas rifas entregadas durante toda esta campaña comercial, que deu comezo o pasado 5 de decembro. O sorteo comezará ás 20:30 horas nas carpas de Rosalía de Castro, pero a urna estará instalada dende as 17:00 horas para que todos os veciños e veciñas poidan depositar as súas rifas nela con tempo e non ter que facer cola a última hora”.
Cruzado Iglesias lembrou que “foron 180.000 as rifas repartidas entre todos os negocios asociados a Acisa. O sorteo de mañá suporá o colofón ao Nadal de Ribadeo. É unha data moi agardada por todas e todos e esperamos que teña unha incidencia moi positiva tanto no comercio como na hostalería, debido á cantidade de xente que mañá se achegará á nosa vila para presenciar o sorteo da XV Festa do Comercio”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “como todos os anos haberá cadeiras para que a xente poida seguir o sorteo sentada. No exterior da carpa contaremos con pantalla xigante e con altofalantes para que todo mundo viva o sorteo da Festa do Comercio do mellor xeito posible. Vai ser un acto rápido, que tentaremos non dure moito máis de 30 minuto. O evento será conducido polo xornalista Félix Jorquera”.
Pérez Prada lembrou que “este ano sorteamos unha viaxe valorada en preto de 1.000 euros para dúas persoas, de catro días de duración a Menorca, a desfrutar no mes de maio; 5.000 euros en vales de compra de Acisa, que se repartirán nun premio de 2.000 euros, un de 1.500 euros, un de 1.000 euros, e dous de 250 euros (un deles será non presencial). O premio non presencial será sorteado entre o número total de papeletas impresas. E o resto de premios sortearanse entre os números que mañá estean depositados na urna instalada a carón da carpa”.
Cruzado Iglesias subliñou que “si se extrae unha rifa que non estea debidamente selada, quedará inmediatamente invalidada, tal e como recollen as bases do sorteo. Temos que insistir en que a xente poderá depositar as papeletas ata as oito e media da tarde, despois a urna trasladarase ao escenario desde o que dará comezo o sorteo desta XV Festa do Comercio”.
A presidenta de Acisa dixo: “desde Acisa queremos agradecer de antemán ao Concello de Ribadeo a súa colaboración cos medios materiais e co persoal municipal para poder facer a montaxe adecuada para a celebración da Festa do Comercio; grazas tamén á Dirección Xeral de Comercio da Xunta; e ás empresas BeOne e Multitrasteros polo seu patrocinio. Grazas á clientela dos negocios de Ribadeo por apostar unha vez máis por facer as súas compras na nosa vila, nas tendas físicas atendidas por persoas, que sempre están dispostas a asesorarnos e a ofrecernos o mellor trato e o mellor produto posible. Agardamos seguir contando coa súa confianza ao longo deste recén estreado ano”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense animou “a asistir a este agardado momento, a XV Festa do Comercio de Acisa Ribadeo, que reunirá unha vez máis a milleiros de persoas nas carpas e na mesma Avenida Rosalía de Castro. Agardamos que o tempo nos acompañe e que o 2026 sexa un moi ano para o tecido empresarial de Ribadeo”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



