Lugo, 21 de xaneiro de 2026. O deputado Daniel García desprazarase este xoves a FITUR, onde participará en reunións e actividades relacionadas co turismo sostible e a promoción de produtos agrogandeiros.
O responsable provincial aproveitará o salón turístico para afondar nas oportunidades que plataformas e axencias especializadas en ecoturismo ofrecen para proxectos de emprendemento no rural e pequenas producións interesadas en desenvolver propostas neste ámbito.
Ademais, acompañará as asociacións gandeiras Boaga e Avimós nas accións que están a desenvolver na feira para dar a coñecer os produtos de razas autóctonas como parte da oferta gastronómica da provincia e de Galiza, no marco das actividades da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería e o Turismo de Lugo (APEHL Lugo).
O deputado asistirá tamén á presentación da campaña da Mancomunidade da Mariña “A Mariña, unha viaxe á identidade”, centrada na promoción da comarca como destino de turismo de benestar e consciente e baseada na tradición das Carolas, mulleres do interiro da provincia que a comezos do século pasado chegaban á Mariña para tomar baños de mar.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



