Navia, 8 de xaneiro, 2026. O Concello de Navia vén de facer oficial a recuperación de tres pezas fundamentais do legado literario do seu veciño máis ilustre, Ramón de Campoamor. A través dunha recente poxa, a administración local adquiriu tres manuscritos orixinais e autógrafos que, desde este momento, pasan a formar parte do patrimonio documental municipal.
As obras recuperadas, datadas arredor do ano 1870, posúen un alto valor histórico e cultural, ao tratarse de borradores e versións orixinais escritas de puño e letra polo propio Campoamor. Os manuscritos adquiridos son:
• El tren expreso: poema en tres cantos que inclúe unha dedicatoria autógrafa ao Premio Nobel de Literatura José de Echegaray, na que o autor naviego asina como “su admirador y amigo”.
• Dulces cadenas: manuscrito que comprende os cantos do primeiro ao cuarto.
• El quinto no matar: exemplar de grande valor documental, redactado sobre o reverso de impresos oficiais da época.
A alcaldesa de Navia, Ana Isabel Fernández García, destacou que esta adquisición reforza a identidade de Navia como “cuna y custodia del legado de Campoamor”. “Es un orgullo que estos documentos originales regresen a casa. Nuestro compromiso con la memoria de Campoamor es absoluto”, sinalou a rexedora.
Así mesmo, a alcaldesa quixo agradecer publicamente a colaboración de Juan Méjica, cuxo compromiso e interese polo patrimonio naviego foron determinantes nesta operación, ao ser quen deu o aviso ao Concello sobre a celebración da poxa, permitindo así que o consistorio puidese concorrer a ela con éxito.
Esta operación patrimonial enmárcase na estratexia municipal de posta en valor da figura e obra do poeta con motivo do 125 aniversario do seu falecemento (1901–2026). Con esta adquisición, o Concello de Navia non só enriquece o seu arquivo histórico, senón que garante a preservación e difusión do legado dun dos poetas máis influentes do século XIX español para as futuras xeracións.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



