Ribadeo, 6 de xaneiro, 2026. A Cabalgata de Ribadeo encheu de maxia e de ilusión as rúas da vila. O séquito de Melchor, Gaspar e Baltasar puido completar todo o percorrido a pesar da chuvia e das baixas temperaturas. No Concello foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e polas concelleiras e concelleiros do equipo de goberno. Despois de entregar os seus presentes ao neno Xesús saudaron desde o balcón do Pazo de Ibáñez aos asistentes e Melchor foi o encargado de dirixirlles unhas palabras. A continuación trasladáronse ao Salón dos Alcaldes, onde fixeron fotos coas nenas e cos nenos de Ribadeo e escoitaron as súas últimas peticións.
O rexedor tivo palabras de agradecemento “para todas e cada unha das persoas que traballaron desinteresadamente estas semanas para que a Cabalgata de Reis lucise diferente neste 2026. Gustaríame facer unha mención especial a Marta López e Mary Iriarte, de Manualidades Marta, e a Marta Cuétara, que traballaron conxuntamente coas concelleiras Marta Saiz e Begoña Sanjurjo”.
Vega manifestou: “grazas á labor realizada polos traballadores municipais, á Policía Local, a Protección Civil e ás persoas voluntarias que nos botaron unha importante man na tarde de onte. E moitas grazas tamén a ese séquito de máis de 80 persoas que acompañou aos Magos de Oriente polas rúas de Ribadeo. Esta tradicional cita irá mellorando ano tras ano. Grazas tamén a Acisa pola súa colaboración para canalizar as colaboracións e os patrocinios de máis de 70 empresas de Ribadeo”.
Patrocinaron a Cabalgata de Ribadeo: Xoiería Azabache, Centro Dental Pedraza Cotarelo, Bar Queimada, A Horta de San Roque, Gasóleos Abelleira, A Cova, Peluquería Boutique, La Solana e Galipizza. E colaboraron as seguintes firmas: A Mariña Asesores, O Indiano Ribadeo, La Coqueta, Linares, Óptica Miró, Ferretería Morán, Farmacia Álvarez Lebredo, Perseidas, Bimba 13, Panadería Torviso, Mercería Torviso, Siñeiro Hogar, Faro Norte Comunicación, Menfer, Hola Ola, Ferrado Marelo, Opticalia, Bahía, Barallocas, Mercería Confección Susana Moreira, Galán Moda Hombre, Asador La Quinta, Mar de Rinlo, Kids&Us, Calzados La Moda, La Moda Básico, Adele, Bar Cienfuegos, Multitiendas Teresa, Bodegas Ribeirao, Mimimó, O Lar de Manolo, Bar Portillo, Electronima, Grisi, Mariscos Ribadeo, Reiriz, By Hortensia, Óptica Carreira, Araucaria, Beep Ribadeo, Autoescuela Destavai, Farmacia María Eugenia, Sanjurjo Moda, Jilgueritos, Naná, Farmacia Montserrat Iglesias, Hotel O Cabazo, Apartamentos Escuder, Asesoría Administrativa Ribadeo, Anais, Boutique Valentina, Casa Mandarina, Rosalar, Deportes Docobo, Terra Branca, Estanco La Carrilla, Xeito Decoración, La Florida, Perruquería Guedellos, DeLira e Costa Verde.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, agradeceu “o traballo realizado polas modistas (Tina, Visi, María Victoria, Elba, Cova, Carmucha, Menchu e Teresa), que durante semanas prepararon todos os traxes que se puideron ver onte, a Susana Kempes, a NordésFlor, a Gráficas Ribadeo, ao grupo de Carnaval de Barres, a Freitas e Noelia, a Densueño, aos donos e condutores dos tractores que tiraron das carrozas e do camión dos agasallos, a Balbino, que montou o portal e o pesebre, á Virxe María, a San Xosé e ao neno Xesús, á Coral Polifónica de Ribadeo que gravou as panxoliñas que se escoitaron durante o percorrido, á Escola Municipal de Música e Danza, a Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, á Comisión de Festas de Ribadeo, a El Farero Audivisuales e a Aturuxo. Moitas grazas a todos”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “todo esforzo ten a súa recompensa e quedámonos coa cara de ilusión e de sorpresa de todas as nenas e os nenos que, acompañados polas súas familias, encheron as rúas de Ribadeo, a pesar da auga e das frescas temperaturas de onte, e fixeron cola para poder ver de cerca aos Reis Magos no Salón dos Alcaldes do Concello”.
O alcalde subliñou que “todo o pobo se volcou coa Cabalgata de Reis”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



