O reponsable provincial asistiu a encontros con operadores especializados en ecoturismo como a valenciana Viajes Saó ou o portal Soy Ecoturista, e interesouse polo funcionamento e as iniciativas da Red de Pueblos del Surf. García participou tamén na presentación da campaña da Mancomunidade da Mariña “A Mariña, unha viaxe á identidade”, centrada na promoción da comarca como destino de turismo de benestar. No acto, proxectouse o vídeo promocional da campaña, referenciada nas Carolas, mulleres do interior da provincia que a comezos do século pasado chegaban á Mariña para tomar baños de mar. O deputado aproveitou a visita a Fitur para acompañar as asociacións gandeiras Boaga e Avimós, que están dando a coñecer na feira os produtos de razas autóctonas como parte da oferta gastronómica da provincia e de Galiza, en liña coas actividades desenvolvidas ao abeiro do programa Un
gusto de rural, un rural degusto promovido pola área de Rural.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



