Os concelleiros do PP tamén pedirán explicacións ao goberno local, entre outros, sobre asuntos relacionados coa mobilidade e as zonas de aparcamento e certas obras coma as do rural sen comezar a pesar de ser aprobadas no Pleno fai meses
Vilalba, 27 de xaneiro de 2026. O PP insta ao bipartito de PSOE e Vilalba Aberta a solicitar colaboración, técnica e económica, para a execución de actuacións de reforma integral das beirarrúas da rúa Cidade de Viveiro á Deputación de Lugo, administración titular da vía. O pavimento das beirarrúas atópase en mal estado e presenta deficiencias e dificultades para a accesibilidade que supoñen un risco para a seguridade dos peóns, especialmente das persoas maiores, con mobilidade reducida e das familias con carriños infantís.
Os populares propoñen que o Concello se dirixa formalmente ao goberno provincial para solicitar a inclusión desta actuación entre as liñas de financiamento da Deputación de Lugo. E cren que o goberno municipal debe encargar aos servizos técnicos municipais e económicos a elaboración dun informe técnico e dunha memoria valorada “que recollan o estado actual das infraestruturas e as actuacións necesarias para acompañar a solicitude á Deputación de Lugo”.
Así mesmo, inciden en que a solicitude debe recoller actuacións de mellora e renovación das redes de abastecemento de auga e saneamento “co fin de garantir un servizo eficiente, seguro e acorde á normativa vixente”, xa que as infraestruturas actuais “se atopan obsoletas e resultan insuficientes”. De feito, provoca incidencias recorrentes, perdas de auga e un servizo deficiente para os veciños e veciñas da zona.
“Esta situación afecta negativamente á calidade de vida, á imaxe urbana do municipio e ao cumprimento dos estándares básicos de accesibilidade e sustentabilidade”, segundo advirten.
PREGUNTAS EN MATERIA DE OBRAS E MOBILIDADE
Os concelleiros do Partido Popular tamén pedirán explicacións, na quenda de preguntas, sobre as políticas do goberno municipal en relación a certas obras e aspectos vinculados coa mobilidade e as zonas de aparcamento.
Neste sentido, preguntarán se o goberno municipal ten xa en marcha algún trámite para dotar ao casco urbano de zonas de aparcamento de vehículos, se ten previsto o Concello crear aparcamentos públicos para compensar a perda de prazas de estacionamento polas erráticas obras de humanización. Tamén esixirán explicacións sobre o criterio para a denegación de zonas de aparcamento para camións no polígono e en zonas do casco urbano.
Así mesmo, queren saber as solucións que contemplan PSOE e Vilalba Aberta para os atascos continuos que se rexistran na rúa Pintor López Guntín cando se cruzan dous vehículos de grandes dimensións; as medidas que van tomar ante as múltiples caídas de peóns na rúa da Pravia; e se, despois de varios atropelos no casco urbano, prevén mellorar a seguridade viaria tanto no casco urbano coma nas parroquias.
Precisamente sobre a zona rural, tamén agardan que o goberno local explique aos vilalbeses porque están sen comezar as obras aprobadas fai meses no Pleno.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



