O PP tamén achegou propostas no Pleno: que o Concello solicite as axudas para proxectos innovadores para a casa consistorial de Castiñeiras e promova un recoñecemento a D. Luís López Pena
Xermade, 22 de xaneiro de 2026. Os concelleiros do PP de Xermade lamentan que “o goberno local socialista non asuma o servizo de Madrugadores” e derive á ANPA do colexio a responsabilidade da organizar e ofrecer un servizo moi demandado no municipio.
Así, condenaron a “falta de traballo, de previsión e de organización” por parte do goberno socialista porque “fai dous meses presumía de orzamentos e no primeiro mes do ano xa propoñen modificalos” para ter como pagar á ANPA, en lugar de ofrecer o servizo directamente o Concello.
“A falta de interese do goberno socialista por prestar este servizo que dende o Partido Popular demandamos dende o inicio do curso escolar é evidente”, toda vez que “nin tiñan previsto prestar o servizo directamente nin reservaron fondos para contribuír a sufragar os gastos baixo a organización de ningunha outra entidade”.
Os populares tamén critican a “falta de mantemento” do campo de fútbol de Cazás que se atopa nun estado “deplorable” que “dificulta o xogo”.
Ante as preguntas dos populares, “o goberno local o único que fixo foi de desentenderse das súas responsabilidades” sobre este asunto apuntando unicamente “ao clima” como responsable da actual situación do terreo de xogo. Pero dende o PP inciden en que “o goberno non fixo o oportuno mantemento durante a época estival”, o que demostra “o total pasotismo dos socialistas”.
PROPOSTAS
O Grupo Popular tamén achegou propostas ao último Pleno. Por unha banda, propuxeron que o Concello tramite a solicitude de axudas para proxectos innovadores do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para a antiga Casa consistorial de Castiñeiras, coa súa adquisición previa ou acordo de uso, para dirixir a mellorar os servizos públicos, emprendemento, cultura ou asociacionismo, entre outros.
O goberno local está a renovar este edificio singular, pero nin é suficiente o orzamento inicial nin se está a rehabilitar respectando o seu valor histórico e patrimonial ao “ocultar elementos arquitectónicos e etnográficos de uso para o que supostamente se pretende, como centro da tornaría, e ocultar acabados en pedra e, ao mesmo tempo, construír edificacións auxiliares coa pedra como recubrimento, pero non como estrutura”.
Dende o PP de Xermade tamén propoñen que o Concello promova unha mostra de recoñecemento á figura do que fora secretario municipal, Don Luís López Pena (1937-2026), falecido nos primeiros días deste ano.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



