Os populares reivindican un marco xurídico para dotar de seguridade aos propietarios ante este fenómeno social que “preocupa ás familias e veciños que se senten indefensos”
Lugo, 5 de xaneiro de 2026. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- consideran, tras a resposta do Goberno de Sánchez ás preguntas formuladas en relación á okupación dunha vivenda en Xove, que “urxe a tramitación da Proposición de Lei anti-okupación presentada polo Partido Popular, aprobada Senado e que permanece no caixón do Congreso dos Deputados” para dispoñer de ferramentas coas que dotar de seguridade xurídica aos propietarios ante este fenómeno social que “preocupa ás familias e veciños que se senten indefensos”.
O Goberno de España limítase a informar sobre a diferencia entre os delitos recollidos no Código Penal relacionados coa ocupación de inmobles -allanamiento de morada ou usurpación de inmobles- e os protocolos de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de acordo ao ordenamento xurídico vixente. No primeiro caso desaloxando de forma inmediata tras presentar a denuncia e no segundo, agardando unha orde de desaloxo previa. “A resposta do Goberno de Sánchez vén a dicir o que xa sabiamos: que se precisa unha orde do xulgado” e, “normalmente, tardan”, inciden.
Os populares reivindican “o dereito dos propietarios” e a necesidade de establecer un marco xurídico que permita o desaloxo exprés en 24 horas, a prohibición de empadroamento en vivendas okupadas ilegalmente e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro que son algunhas das medidas que recolle a coñecida como Lei Antiokupación. Proposta polo Partido Popular, conta coa luz verde do Senado desde febreiro de 2024 -a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG- e a súa tramitación atópase paralizada no Congreso dos Deputados, como moitas outras Leis Feijóo”.
Os representantes do PP no Senado recordaron que hai poucos días se aprobaba tamén na Cámara Alta — tamén co voto en contra do PSOE e do BNG — a toma en consideración dunha Proposición de Lei presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal co fin de que o corte das subministracións (auga, luz, gas…) dunha vivenda okupada non sexa considerado delito de coacción. Incluso, “este é o novo criterio xudicial fixado pola Audiencia de Barcelona”.

















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



