Xove, 7 de xaneiro, 2026. O Concello de Xove deu por finalizada a programación de Nadal coa tradicional Cabalgata de Reis, que percorreu as rúas do municipio a pesar das condicións meteorolóxicas adversas. Nin as baixas temperaturas nin a ameaza de choiva impediron que o público acompañase ás Súas Maxestades ao longo de todo o percorrido.
Visita á Residencia e inicio do percorrido
Os Reis Magos iniciaron a súa xornada cun encontro especial cos residentes da Residencia San Bartolomeu, onde recibiron numerosas mostras de afecto. Unha vez que o tempo o permitiu, partiron dende o punto de saída acompañados de paxes e cabaleiros, que transportaban nas angarellas dos seus cabalos centos de paquetes destinados aos nenos e nenas de Xove.
Carrozas, personaxes e animación infantil
O desfile contou con carrozas infantís cheas de elfos, personaxes Disney, Mickey e Minnie, ademais de numerosos pastores que animaron o traxecto e acompañaron ás Súas Maxestades durante todo o percorrido.
Recepción no Pavillón de Deportes
Á chegada ao Pavillón de Deportes, os Reis Magos recibiron a todos os nenos e nenas, que puideron gozar tamén da presenza de Mickey e Minnie e da animación musical da disco móbil Conxuro, poñendo o broche final a unha tarde marcada pola ilusión previa á noite máis máxica do ano.
Agradecementos do Concello
O Concello, a través do Departamento de Cultura, trasladou o seu agradecemento a todas as persoas que colaboraron na programación cultural do Nadal 2025-2026:
• Operarios municipais,
• Escola Municipal de Música de Xove,
• Colaboradores do Karaoke de Nadal,
• Papá Noel,
• Reis Magos, paxes reais, elfos e pastores,
• Mickey, Minnie e demais personaxes Disney.
O Concello destacou tamén o labor do Departamento de Emprego, responsable da exitosa Gala do Emprendemento e do Mercado de Nadal do Faiado da Xenerosa, iniciativas que cada ano medran en participación e impacto.
O agradecemento fíxose extensivo a todas as empresas, entidades e persoas colaboradoras, así como ao público asistente, “sen o cal non sería posible converter o Nadal de Xove nun referente cultural”.
A Concellería de Cultura pecha así o ciclo de Nadal e anuncia que xa traballa na programación do Entroido.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



