Aló pola década dos sesenta do século pasado, a nosa cultura popular seguía a ser a principal fonte da que bebía espiritualmente a meirande parte da mocidade do rural.
Éramos herdeiros dun basto legado cultural trasmitido ao traveso de innumerables aconteceres colectivos espallados ao longo do ano polas parroquias de Galicia. Alí, naquel espazo rural, unha veciñanza solidaria e arraigada na súa cultura iríamos fornecendo de todo o patrimonio inmaterial que atesouraba o noso pobo.
Pero, todo aquilo que era moito, xa resultaba insuficiente para enfrontar a situación de cambio que empezaba alborexar. Pero era un cambio propiciado dende enriba sobre un pobo históricamente marxinado e sempre dominado por forzas alleas aos seus intereses. Un pobo sen liderado e acostumado a vivir de costas ao futuro e sen instrumentos políticos de seu para abrir horizontes de futuro.
En tal situación resultaba razoable que se animara a mocidade a construír alén dos seus lares un proxecto de futuro capaz de transcender aquel mundo sen outra alternativa ca ir tirando.
E moitos fomos abandoando os nosos eidos xa cunha identidade definida, aínda que nada do que eramos ía ter acomodo nese mundo que estabamos a descubrir.
E foi naquel camiñar, mentres iamos desbrozando unha realidade aldraxante, contraria á nosa identidade de galegos, cando, en moita daquela mocidade empezaría a emerxer unha nova conciencia, máis liberada do peso alienante que resultaba da situación de dominio e dependencia que vivía o noso pobo e que agora nos chamaba á nobre tarefa de defender o que nos era propio.
Un fermoso soño, que aínda que as cousas cambiaron dende aquela, no fondo non fomos quen de o fecundar nunha nova realidade liberada da nosa fatalidade histórica e de conseguir que a maioría do noso pobo rachara con esa mirada distorsionada que temos encol de nós e que tanto nos dificulta desenvolvernos como realmente somos.
Foi aquela unha etapa na que tentabamos mirar a realidade do país sen prexuizos e proxectando hacia fóra unha mirada horizontal, de igual a igual. Unha mirada democrática que posibilitara exercer a dignidade e a auténtica solidaridade, que é a que corresponde nun Estadio compartido e democrático do que formamos parte.
E agora, que xa entramos no noso outono biolóxico, vemos con nostalxia e certa frustración como aquel soño se foi esmorecendo nesa realidade á que lle deu forma poética o gran chairego Díaz Castro. Porque a cuestión de fondo, esa fatalidade que tanto nos dificulta ser o que somos, segue aí, coma unha lousa enriba de nós impedíndonos avanzar máis aló de dar un paso adiante e outro atrás, como ben nos deixaría dito o gran poeta chairego no seu poema “Penelope”.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



