Os traballos que se están levando a cabo superan os 360.000 euros e execútase ao abeiro dun convenio coa área de Rural da Deputación
Barreiros, 3 de febreiro de 2026. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, visitou os traballos de mellora da rede municipal de abastecemento de auga, acompañada pola concelleira de Saúde Pública, Montse Porteiro, e polo deputado de Rural e concelleiro barreirense, Dani García.
Ermida destacou “a importancia dunhas obras que, aínda que non sexan visibles unha vez rematadas, son fundamentais para garantir servizos de calidade e corrixir as carencias que arrastraba o municipio”. Lembrou tamén que o actual goberno municipal asumiu “unha situación de partida moi complexa, con servizos deficitarios para a demanda existente”, polo que se apostou por actuacións “serias, estudadas e planificadas, priorizando necesidades aínda que non sexan tan visibles”.
Avances da segunda fase das obras
Esta segunda fase inclúe a renovación de tubaxes secundarias obsoletas nas zonas de San Cosme e Celeiro, continuando os traballos xa realizados en Reinante e Benquerencia.
Tamén están finalizadas:
• A impermeabilización do depósito de Merille, que recupera así o seu uso completo tras anos inhabilitado por filtracións.
• A substitución das bombas de impulsión na Folgueirosa, que permitirá un maior caudal cara á zona norte en épocas de alta demanda.
Ademais, realizouse un estudo para avaliar a ampliación do transporte directo de auga desde San Caetano á Folgueirosa.
Renovación das acometidas nas antigas vivendas sociais
A alcaldesa puxo o foco nunha das actuacións máis relevantes desta fase: a renovación das arquetas de acometida dos sete bloques de antigas vivendas sociais. As actuais instalacións, de ferro, proceden da promoción pública orixinal e afectan á calidade da auga que chega aos fogares. A súa substitución por arquetas modernas permitirá mellorar de maneira notable o servizo.
Ermida subliñou que esta intervención “ratifica o compromiso do goberno municipal por mellorar e manter as obras públicas existentes”. Lembrou que, agás o repintado e saneamento das fachadas realizado pola Xunta hai máis de 15 anos, “non houbo ningún investimento público directo nestes inmobles ata agora”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



