O Concello de Burela felicita a Nuno Pico, Manolo Maseda, Breixo Llano, Santi Jul e Iván Laxe polas súas candidaturas
Burela, 4 de febreiro de 2026. O Concello de Burela traslada a súa felicitación aos creadores vencellados á vila que son candidatos aos Premios Mestre Mateo, os galardóns máis importantes do audiovisual galego, poñendo de manifesto unha vez máis o talento cultural que nace e medra en Burela.
Nuno Pico, membro do grupo Grande Amore, figura entre os candidatos aos Mestre Mateo na categoría de Mellor Videoclip polo da canción da súa banda “Ontes fun moi malo”, dirixido por Xaime Miranda e lanzado da man do selo Ernie Records.
O Concello felicita tamén ao burelao Breixo Llano, candidato a Mellor Realización polo seu traballo en ‘Cos Pés na Terra’, así como a Manolo Maseda, candidato a Mellor Documental como director de ‘Ao son da nova regueifa’.
Por último, Santi Jul e Iván Laxe, tamén de Burela, son candidatos ao premio Mellor Música Orixinal por ‘Bibopalula’, unha animación infantil que está ademais nominada a Mellor Serie de Televisión.
Dende o Concello de Burela quérese poñer en valor o labor destes creadores e o impacto positivo que este tipo de recoñecementos ten na visibilidade da cultura galega e no orgullo colectivo da veciñanza.
O Concello continuará apoiando e promovendo iniciativas culturais que acheguen á cidadanía o traballo dos e das creadoras locais, como a próxima proxección en Burela do documental ‘Ao son da nova regueifa’ e a representación da obra teatral ‘Territorio Regueifa’ no Auditorio Municipal o vindeiro 23 de maio.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


