Rosana Pérez: “Ademais de advertirnos que o escenario vai ser peor que en 2023, ten pensado o Goberno do PP facer algo ou vai seguir ausente?
Santiago de Compostela, 13 de febreiro, 2026. A portavoz de Mar do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, emprazou á Consellería a actuar de xeito inmediato contra a crise que vive o sector da pesca e o marisqueo, agravada agora polos efectos que a sucesión de temporais está a ter na perda de produtividade das rías galegas, que se prevé peor que a de 2023. “Ademais de advertirnos que as consecuencias este ano van ser peores, ten pensado o Goberno do PP facer algo ou vai seguir ausente, como nos últimos anos, diante da grave situación que atravesa o sector”?, preguntouse.
A deputada nacionalista criticou así a política de brazos cruzados da Consellería do Mar, que nin tomou medidas estruturais nin actúa agora diante dos efectos dos temporais. “Xa sabemos que a Xunta non pode evitar que choiva, pero leva 15 anos sen tomar medidas de tipo estrutural que dean resposta á baixa produtividade das rías”, ironizou.
Para dar conta da “extraordinaria” crise que afronta o sector, lembrou que, a consecuencia dos temporais do 2023, as ventas de 2024 nas lonxas galegas reducíronse un 18 % (24.000 toneladas menos de peixe e marisco), a facturación caeu un 7,5 % (30 M€ menos) e só no marisqueo a pé perdéronse 222 postos de traballo, aos que sumaron outros 128 no 2025.
Entre as actuacións de carácter estrutural que o BNG leva anos reclamando no Parlamento —sempre co voto en contra do PP—, figura a elaboración, da man do sector, os centros de investigación e as universidades galegas, dun estudo sobre as razóns desa baixa produtividade que permita tomar as medidas axeitadas para combatela.
De maneira urxente, Rosana Pérez emprazou ao Goberno do PP a elaborar un protocolo de baleirado e limpeza dos encoros que axude a minimizar os efectos na salinidade da auga. Unha reclamación, lembrou, que o sector marisqueiro vén facendo desde hai tempo e que estes días reiterou a Confraría de Noia no que ten que ver co encoro do Tambre.
Rueda, sempre coas eléctricas
“O único que están pedindo na ría de Muros a Noia é que baleiren amodo e en pleamar para non producir nin danos persoais, que xa se ten habido, nin danos aos recursos”, explicou, criticando neste punto que o Executivo de Rueda opte por “poñerse do lado das eléctricas para que sigan gañando moitos millóns de euros”. Unhas eléctricas que, subliñou, “poden baleirar cando queiran sen cubrir ningún prexuízo e sen asumir algunha responsabilidade sobre o dano feito a sectores como o marisqueiro”.
Rosana Pérez propuxo, por outra banda, a creación para o mar dun seguro colectivo, similar ao agrario, que axude ao sector a cubrir as perdas polos temporais, e urxiu así mesmo á Consellería do Mar a promover sementeiras públicas ou público privadas para o autoabastecemento e evitar que “cando queden arrasados os bancos marisqueiros” suceda o mesmo que en 2023, cando houbo que exportar masivamente a semente.
Máis recursos para a produción autóctona
A deputada do BNG puxo o foco tamén na situación que vive a frota de artes menores, que leva semanas amarrada, sen poder saír a faenar, en moitos puntos da costa galega, mentres continúan pagando os seus seguros e cargas sociais, do mesmo xeito que fai o sector marisqueiro e o miticultor, exemplificou. É por iso que o BNG insta á Consellería do Mar a dirixirse ao Goberno do Estado para “estudar as posibilidades de suspender” as cotizacións do sector desde novembro até que se “normalice” a situación.
Flexibilizar as normas dos fondos europeos “para poder cubrir dignamente as paradas biolóxicas que se van a ter que producir forzosamente” é outras das reclamacións dirixidas ao Ministerio de Pesca.
“O que lle pedimos á Xunta é que por unha vez actúe e exerza as competencias que ten”, explicou a deputada, que pediu para iso á Consellería do Mar que dea prioridade ao sector á hora de distribuír o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) “en vez de desviar millóns de euros ás grandes empresas e a facer propaganda de produto que nin sequera é galego”, criticou, lembrando que este ano a Xunta destina unha partida de arredor de 15 M€ a “feiras e eventos”.


















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



