Ribadeo, 13 de febreiro de 2026. O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, agradece a colaboración da Consellería do Mar e de Portos de Galicia para proceder á mellora da rúa Buenos Aires. As obras comezarán en breve. Marta Villaverde e José Antonio Álvarez visitaron hoxe o porto ribadense para dar a coñecer o proxecto de auditoría enerxética que está a levar adiante Recursos de Galicia.
O rexedor contou: “visítanos a conselleira do Mar e agradecemos moitísimo a súa visita, é verdade que estamos a facer moitas cousas conxuntamente coa Consellería, con Portos de Galicia, e esta é unha visita tamén para poñer en valor toda unha industria que temos en Ribadeo. Visitamos o grupo Nogar, estamos a traballar Xunta, Concello e o propio grupo para a eficiencia enerxética, para poñer en valor toda esa inversión de enxeñería, de colaboración económica e poñer de manifesto que as empresas tamén entran nesa profesionalización e nesa mellora da eficiencia enerxética a través da enxeñería, a través de plataformas dixitais utilizando ferramentas de vangarda, modelos produtivos de consumo, de almacenamento e de rendabilidade”.
Vega dixo: “baixo estes criterios as empresas poden solicitar a colaboración da administración, unha colaboración entre Xunta e empresas, e polo tanto disto é do que nos beneficiamos tamén os concellos. Sen modelos produtivos, sen modelos económicos, sen empresa, non pode ser posible tampouco a creación de emprego. Ribadeo, que traballa nunha estratexia para poñer de manifesto que os sectores produtivos, que a vivenda, que os servizos básicos fundamentais entran todos nunha estratexia conxunta de municipio.
Agradecemos a colaboración da Consellería, dámoslles as grazas a todas as empresas por seguir apostando por Ribadeo, por seguir apostando por esta comarca”.
O alcalde subliñou: “e tamén agradecemos á Consellería do Mar a colaboración económica para renovar toda a Rúa Buenos Aires. Son 450.000 euros, xa está adxudicada a obra a unha empresa local de Ribadeo e en breve comezarán as obras. Evidentemente, cando hai unhas obras hai molestias, cáusase sempre algún tipo de confusión, xa que algunha persoa se vai atopar coa rúa cortada, pero hai que pensar que é por mellorar unha rúa que está destrozada, tanto o pavimento como as beirarrúas, carece dunha rede de saneamento e de abastecemento de auga. Eu creo que renovar e mellorar as infraestruturas, como facemos noutros puntos, é a liña que hai que seguir. Non podemos ir todo rápido que queremos porque evidentemente os recursos son os que son, pero neste caso, coa colaboración da Xunta, que agradecemos moitísimo, unha colaboración de 450.000 euros, 100 % financiada pola Xunta, ao Concello evidentemente axúdalle moitísimo”.
Dani Vega engadiu: “vamos seguir colaborando, vamos seguir xestionando moito orzamento para o noso Ribadeo e agradecemos á conselleira todo o traballo, como tamén, lle agradezo ao anterior conselleiro Alfonso Villares esta colaboración, porque cando empecei a xestionar isto, el estaba de conselleiro. Agradézolle todo o que traballou por Ribadeo durante a súa etapa e vamos seguir colaborando con esta Consellería e con esta conselleira”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



