Para Ameijide estamos ante “un novo intento de Sánchez de torpedear as competencias propias de Galicia”: “O Goberno central intenta vulnerar competencias autonómicas pola porta de atrás”
Lugo, 18 de febreiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman ao Goberno central que amplíe o prazo da consulta pública previa sobre a modificación do Regulamento Xeral de Costas, así como que achegue “información clara, detallada e transparente sobre o alcance real da reforma proposta”.
Así o anunciaron hoxe en Viveiro os deputados populares, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, durante unha xuntanza con alcaldes da Mariña.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, considera insuficiente o prazo de 15 días establecido polo Goberno central para un asunto de tanta relevancia, que afecta directamente á actividade económica, ao emprego e á estabilidade de milleiros de familias vinculadas ao sector marítimo e pesqueiro.
“Non se pode abordar unha modificación normativa destas dimensións sen diálogo real nin tempo suficiente para que os sectores implicados poidan analizar as consecuencias e presentar alegacións con rigor”, explicou.
O voceiro popular advirte de que a falta de información sobre o contido exacto da reforma e sobre as esixencias derivadas da Unión Europea xera incerteza e preocupación nun sector estratéxico para a economía da provincia. “Calquera cambio nas condicións das concesións ou nos usos do litoral debe garantir estabilidade e seguridade xurídica, elementos imprescindibles para manter investimentos, emprego e actividade produtiva”, afirmou.
Antonio Ameijide destaca que o sector do mar constitúe un dos principais motores económicos da provincia, sustentando milleiros de postos de traballo directos e indirectos e contribuíndo á cohesión social das zonas costeiras. Por iso, “unha actuación responsable por parte do Goberno central, baseada no consenso, na transparencia e no respecto ao tecido produtivo é fundamental”.
O Grupo Provincial Popular reafirma así o seu compromiso coa defensa activa do sector marítimo e pesqueiro, das empresas, dos traballadores e das familias que viven do mar, apostando por un modelo que compatibilice a protección ambiental co desenvolvemento económico e social do litoral.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



