Ameijide insiste en que o mantemento adecuado das estradas provinciais é fundamental para garantir a seguridade viaria, apoiar a actividade económica do rural e evitar o illamento dos veciños, polo que reclama ao goberno provincial que actúe con responsabilidade e urxencia
Lugo, 20 de febreiro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular pedirán no vindeiro pleno que PSOE e BNG arranxen de inmediato unha ponte na estrada provincial LU-P-6502, en Muras, que está “completamente rota, chea de fochancas, buratos e algúns dos seus piares están danados”.
Así o comprobou o voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, xunto á voceira do PP de Muras, Eugenia Requeijo, e varios veciños da zona.
Antonio Ameijide denuncia o grave estado no que se atopa a LU-P-6502, titularidade da Deputación de Lugo, que conta cun treito cortado ao tráfico dende hai semanas debido ao estado de ruína desta ponte pola que xa non pode circular ningún vehículo, ademais de presentar numerosos danos no resto do seu percorrido, como cunetas sen limpar que provocan enormes balsas de auga, moi perigosas para a circulación.
Ameijide explica que a ponte presenta importantes danos estruturais, con grandes fochancas e buratos no firme, ademais de varios piares deteriorados que poñen en risco a súa estabilidade e a seguridade das persoas usuarias da vía. Por este motivo, reclama ao goberno provincial do PSOE e do BNG que “actúe de inmediato para reparar esta infraestrutura esencial para a mobilidade da zona”.
O voceiro popular lembra que o corte desta estrada provincial afecta directamente aos veciños, así como aos empresarios propietarios de explotacións agrogandeiras, que se ven obrigados a realizar rodeos de ata 20 quilómetros para poder desprazarse, coa conseguinte perda de tempo e incremento dos custos nos desprazamentos.
“A situación da LU-P-6502 é un exemplo máis da escasa preocupación do goberno provincial polo mantemento das estradas provinciais”, sinala Ameijide, quen critica que “o mantemento non se inaugura nin vende titulares nos medios de comunicación, e por iso PSOE e BNG non lle prestan a atención que merece”.
Ademais, Ameijide advirte de que os veciños de Muras están a buscar rutas alternativas, como a estrada que vai dende A Irixoa ata A Balsa, concretamente o tramo comprendido entre o lugar de Pazo ata despois de Sabucedo, que tamén presenta un estado moi deficiente, cheo de baches e desperfectos.
Dende o Grupo Provincial Popular insisten en que o mantemento adecuado das estradas provinciais é fundamental para garantir a seguridade viaria, apoiar a actividade económica do rural e evitar o illamento dos veciños, polo que reclama ao goberno provincial que actúe con responsabilidade e urxencia.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



