Foz, 13 de febreiro de 2026. Desde hoxe ata o 15 de febreiro tres pastelerías de Foz ofrecen doces afrodisíacos para celebrar San Valentín. Trátase de Anduriña, Los Dulces de Delphine e Xoyma.
A xa tradicional iniciativa forma parte da campaña de San Valentín do Centro Comercial Aberto de Foz, que sorteará 400 euros en vales de compra e unha escapada romántica. O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, sinalou: “chega outro clásico que sempre sorprende polo Día dos Namorados. Son as propostas afrodisíacas que prepararon para a ocasión tres pastelerías de Foz co fin de darlle un toque orixinal e doce a esta cita. Durante tres días: hoxe, mañá e o domingo as persoas que o desexen poderán saborear os seus doces especiais”.
A campaña de San Valentín de Acia Foz-CCA deu comezo o pasado día 2 e seguirá ata o 18 de febreiro. Aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros no comercio local entre esas datas poderán entrar no sorteo de 4 vales de compra de 100 euros cada un e dunha escapada romántica. Radio Foz acollerá o sorteo o vindeiro 19 de febreiro.
Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración de Comercio Galego, Xunta de Galicia e Concello de Foz.
Acia Foz-CCA anima tamén a gozar do Entroido de Foz, que mañá vivirá o seu día grande co tradicional desfile. Os comercios da vila contan con cartelería especial e en moitos dos seus escaparates poden verse coloridos disfraces: “a implicación do pobo é total con esta celebración”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



