Compostela, 6 de marzo, 2026. CCOO de Galicia fai un chamamento a unha participación masiva nos actos e manifestacións que se celebran con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Nun contexto no que a ultradereita espalla discursos de odio antifeminista, o sindicato reivindica os dereitos e o poder das mulleres e anima a cidadanía a ocupar as rúas para reclamar unha igualdade plena.
A organización lembra que os dereitos humanos se vulneran cada vez que se discrimina a metade da poboación. Por este motivo, CCOO mantén durante todo o ano o seu compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres desde o ámbito laboral, co obxectivo de transformar as condicións de traballo, pero tamén os modelos familiares, os centros laborais, as relacións sociais, as institucións e, en definitiva, a sociedade no seu conxunto.
Nun escenario marcado polo avance de discursos reaccionarios e antifeministas, o sindicato destaca o seu papel —e o das asociacións feministas galegas e estatais coas que colabora— como dique de contención. Entre as súas liñas de acción, subliña:
• A reivindicación dos dereitos e do poder de todas as mulleres.
• A defensa do carácter internacional e innegociable dos dereitos das mulleres.
• A acción sindical transformadora a través da negociación colectiva, cos plans de igualdade como ferramenta central.
• O impulso da mellora das condicións laborais das traballadoras dos sectores máis precarizados, especialmente das mulleres migrantes.
• O traballo para avanzar cara a unha sociedade corresponsable nos coidados.
CCOO afirma que a súa resposta é firme fronte ás distintas violencias exercidas contra as mulleres e insta tanto ao Goberno galego como ao central a desenvolver políticas públicas que garantan condicións de vida dignas para todas as persoas.
Con motivo do 8 de marzo, o sindicato chama á súa afiliación e ao conxunto da sociedade galega —mulleres e homes— a participar nas manifestacións convocadas en todo o país en defensa da igualdade.
Como cada 8M, CCOO anima a tomar as rúas co poder transformador das mulleres para avanzar cara a un mundo máis xusto e igualitario.






















Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



