Cervo, 5 de marzo, 2026. O BNG vén de solicitar no Concello de Cervo a totalidade do expediente relativo ao Acordo de adxudicación do contrato de concesión do Servizo Municipal de Residencia e Centro de Día. No pleno do pasado 24 de febreiro, o Partido Popular levou á aprobación a nova Ordenanza Reguladora da Prestación Patrimonial Pública non Tributaria deste servizo.
Un incremento do 44% que o BNG cualifica de “estafa amparada nunha licitación”
A residencia municipal, con 54 prazas de residencia e 25 de centro de día, funciona mediante un contrato de concesión. A nova licitación e o acordo de adxudicación fixeron saltar as alarmas entre as familias das persoas usuarias ao comprobar que a ordenanza presentada incluía unha suba das tarifas do 44%, pasando de 1.500 € a 2.100 € mensuais.
Desde o BNG consideran que esta suba é “unha estafa amparada nunha licitación”.
O BNG denuncia falta de transparencia e reclama información
O grupo nacionalista votou en contra da ordenanza e reclama toda a documentación do proceso.
“O proceso que está a levar o Concello coa nova adxudicación non ten nada de transparencia: non se informou nin aos grupos da oposición nin ás familias das persoas usuarias. Ademais, o acordo de adxudicación fíxose na Xunta de Goberno Local, un órgano no que só participa o goberno municipal”, explicou o concelleiro do BNG, David Villares.
Villares engadiu que “os primeiros que teñen que ter toda a información son os familiares das persoas usuarias, porque ata agora foron ignorados polo goberno do Partido Popular. Nós reunirémonos con eles para colaborar na procura dunha solución que evite que a suba recaia integramente nas economías familiares”.
Defensa dun sistema público de coidados accesible
O BNG insiste en que o seu obxectivo é garantir estándares de calidade e atención en todas as residencias de maiores, independentemente da súa titularidade, e asegurar o dereito a unha vellez digna cun sistema público de coidados forte e con prezos axeitados á realidade económica das familias.





















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



