Ribadeo, 30 de marzo, 2026. O venres 10 de abril, ás 18:00 horas, o CIFP Porta da Auga de Ribadeo acollerá a duodécima sesión do ciclo Soberanía Dixital, dedicada nesta ocasión á Soberanía Tecnolóxica cunha actividade práctica: unha Xornada de reparación en formato repair café.
O encontro está organizado por amarinha.gal, que propón unha actividade diferente ás anteriores edicións do ciclo: un espazo colaborativo no que as persoas asistentes poidan reparar aparellos eléctricos e electrónicos, prolongando a súa vida útil e promovendo o dereito a reparar, clave para reducir residuos, aforrar recursos e contribuír á loita contra o cambio climático.
Como funcionará a xornada
• A actividade é gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas.
• Contará co apoio de Enxeñeiros Sen Fronteiras (ESF), que achegará cobertura de seguro para as persoas participantes.
• O CIFP Porta da Auga facilitará ferramentas, e os asistentes poderán levar tamén as súas propias, así como pilas ou pezas de substitución.
• A experiencia doutros obradoiros indica que a taxa de éxito adoita situarse entre 1 de cada 3 e 1 de cada 4 obxectos reparados, polo que non se garante que todos os aparellos poidan ser amañados.
• A duración máxima será de tres horas.
Inscrición
Para participar é necesario enviar un correo a info@amarinha.gal, indicando nome e aparello que se desexa reparar. Ao inicio da actividade cubrirase unha folla cos datos necesarios para o seguro.
Como é habitual nas iniciativas de amarinha.gal, a xornada é aberta ao público, limitada unicamente polo aforo do espazo.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



