Ribadeo, 9 de abril de 2026. Ribadeo rehabilitará e converterá en espazo cultural a capela da Virxe do Camiño. Concello e Bispado asinaron a cesión de uso deste edificio. No exterior serán eliminadas as barreiras arquitectónicas.
O alcalde, Dani Vega, contou que “firmamos a cesión de uso por parte do Bispado ao Concello de Ribadeo da capela Virxe do Camiño. Un espazo, un edificio que estaba sen ningún tipo de uso, levaba desacralizado moitísimos anos e cando chegamos ao goberno, dentro da planificación de inversións que temos pensado para desenvolver, este espazo era un deles”.
O rexedor explicou: “tomamos a decisión de, primeiro, garantir un orzamento, e iso xa o temos a través da Consellería, estamos redactando o proxecto e iso vainos dicir a cantidade que temos que concretar. Pero hai disposición por parte da Consellería en colaborar con nos. Segundo, tiñamos que ter unha proposta para saber, para concretar que queremos deste espazo, deste capela. Queremos que sexa un espazo cultural, unha sala multifuncional, evidentemente, dentro das actividades culturais que ten o Concello programado. Terceiro, qué proxecto queremos para a capela. Si, hai que rehabilitar o edificio, pero tamén hai que modernizar o exterior. Todo o exterior non cumpre coas medidas de accesibilidade. En consecuencia se vai ser un edificio para que acudan as persoas temos que darlle cabida a todas as persoas, tamén ás que teñen mobilidade reducida deben disfrutar deste espazo”.
Vega subliñou: “accesibilidade, concretar o que queríamos deste edificio e a colaboración da Xunta. E todo isto que temos xestionado, parte do inicio de que o Bispado nos cedera o uso deste edificio. Agradezo ao Bispo de Mondoñedo e a todo o conxunto da Diocese do Bispado por entender que o Concello quere disfrutar dun espazo que leva sen uso moito tempo e tamén á parroquia de Ribadeo por esta colaboración”.
Para o alcalde de Ribadeo “esta é unha moi boa noticia, unha noticia que evidentemente levamos xestionando tempo, pero que se concreta e a partir de agora van seguir as noticias no entorno tamén deste edificio tan significativo e tan importante para todos os ribadenses”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



