Ribadeo, 9 de abril, 2026. Desde hoxe e ata o 20 de abril está aberta a inscrición para participar nunha nova edición de Orienta Ribadeo, a proba de aventura urbana que terá lugar o 26 deste mes a partir das 11 da mañá.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “se trata dunha proba por equipos onde os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable, por terreo urbano principalmente, tentado localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversos retos. Durante un tempo máximo de dúas horas os equipos deberán acadar o maior número posible de puntos. A toma de decisións e o traballo en equipo serán claves para completar a proba con éxito, que terá como punto de inicio e final a praza de España, a carón do Casa do Concello”.
O edil ribadense contou que “establécense dúas categorías: infantil e adultos. Na infantil ten que haber polo menos unha persoa do equipo menor de 12 anos; e na de adultos todos os seus integrantes deben ser maiores de 12 anos. Os equipos deberán estar formados por un mínimo de dúas persoas e ata un máximo de seis”.
As inscricións poden facerse desde hoxe na Casa da Xuventude de Ribadeo. O concelleiro de Deportes anima “ás familias a participar nunha mañá de domingo diferente e divertida, facendo estratexias, tomando decisións e traballando en equipo”.
Orienta Ribadeo está organizada polo Concello e pola Xunta de Galicia.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



