A alcaldesa, Marta Rouco, destaca que o proxecto permitirá ampliar a oferta asistencial e dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza
Vilalba, 16 de abril de 2026. O Concello de Vilalba acolleu hoxe a presentación do proxecto para a construción dunha nova residencia para persoas maiores e dun centro de día nas instalacións do antigo Hotel Villamartín, unha iniciativa impulsada por Rosalba Gestión que suporá un avance importante na dotación de servizos asistenciais do municipio.
Na presentación participaron a alcaldesa, Marta Rouco; o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández; e o director de Relacións Institucionais de Rosalba Gestión, Luis Romero. O proxecto contempla a creación dun centro con máis de 160 prazas, combinando servizo residencial e centro de día, e prevé a xeración duns 150 postos de traballo directos e indirectos, contribuíndo ao desenvolvemento económico local e á fixación de poboación.
A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que “estamos ante un proxecto estratéxico para Vilalba, que dá resposta a unha demanda real da veciñanza e que permitirá que moitas persoas maiores poidan ser atendidas no seu propio entorno, preto das súas familias”.
Rouco subliñou tamén o papel activo do Concello para facer posible esta iniciativa, lembrando que “desde 2022-2023 levamos traballando de maneira estreita co promotor para facilitar a implantación deste proxecto, estudando todas as opcións posibles para aproveitar as condicións urbanísticas das instalacións e axilizar a tramitación necesaria”.
O Concello traballou intensamente para permitir que o proxecto se desenvolva nun espazo que foi clave para a actividade económica de Vilalba, como é o antigo Hotel Villamartín, que terá agora unha nova vida vinculada ao coidado e á atención das persoas.
O centro seguirá un modelo de atención integral centrado na persoa e contará con sete unidades de convivencia, tres delas especializadas: unha para coidados continuados de persoas con enfermidades crónicas complexas; outra para recuperación funcional tras alta hospitalaria; e unha terceira destinada á atención de demencias dexenerativas.
Ademais, incluirá un centro de día orientado a persoas maiores que viven nos seus domicilios, ampliando así a cobertura asistencial no municipio.
A alcaldesa puxo en valor a aposta de Rosalba Gestión por Vilalba, unha empresa con máis de 30 anos de experiencia no sector que inicia con este proxecto a súa implantación en Galicia, e sinalou que “este tipo de iniciativas son fundamentais para cubrir carencias existentes e mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.
Así mesmo, Rouco lamentou “a falta de implicación da Xunta de Galicia, que ten a competencia exclusiva en materia de residencias públicas e á que este Concello lle leva anos solicitando unha infraestrutura destas características sen obter resposta”.
Neste contexto, o Concello solicitará á Xunta que habilite prazas concertadas na nova residencia e no centro de día, co obxectivo de garantir o acceso a estes servizos ao conxunto da cidadanía.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



