Ribadeo, 16 de abril, 2026. Ribadeo conta co primeiro Centro de Optometría Comportamental da Mariña. Está en Opticalia, onde o seu equipo profesional traballa a terapia visual con nenas, nenos e persoas adultas. Dores de cabeza, fatiga visual, dificultades de concentración ou baixo rendemento escolar poden ter unha orixe inesperada: a visión.
Mar Torviso, titular do COC, explica que “la terapia visual es un tratamiento personalizado y supervisado por un optometrista que entrena las habilidades visuales que usamos para leer, concentrarnos, movernos o interpretar lo que vemos. No busca solo ver más nítido, sino ver de manera más eficaz y coordinada”.
O inimigo silencioso detrás da fatiga visual e das dificultades de aprendizaxe
Moitos problemas cotiáns poden deberse a disfuncións visuais non detectadas: fatiga ocular, dores de cabeza, falta de concentración, lentitude lectora ou dificultades polo uso prolongado de pantallas.
A terapia visual tamén aborda estrabismo, ambliopía (ollo vago), problemas de enfoque, visión borrosa intermitente, mala coordinación ollo-man e secuelas visuais tras traumatismos cranioencefálicos.
O equipo está formado polos optometristas Mauricio Heredia, Andrea Verde e Noelia Díaz, profesionais altamente cualificados cun enfoque integral e personalizado.
Non é só cousa de crianzas
Aínda que adoita asociarse á infancia, a terapia visual tamén ofrece resultados moi positivos en persoas adultas. Andrea Verde lembra que nunca é tarde para mellorar a eficiencia visual.
“La terapia visual no es solo para niños. Muchas personas adultas con fatiga visual, problemas de coordinación binocular, inestabilidad, visión doble o dificultades tras traumatismos pueden beneficiarse de un programa personalizado”, explica.
O centro avalía pacientes desde os seis meses, adaptando as probas ao desenvolvemento visual e motor de cada etapa. “Cuanto antes se detecte un problema visual o de coordinación, más fácil será corregirlo o prevenir futuras dificultades”, engade.
Aclara tamén que a terapia visual non trata directamente dislexia, TDA ou TDAH, pero si é clave cando existe unha disfunción visual asociada que interfira na lectura ou na aprendizaxe. Por iso, “conviene descartar una causa visual funcional antes de atribuir todo al aprendizaje o conducta”, subliña.
Sinais de alerta que non deben ignorarse
Noelia Díaz destaca a importancia de detectar certos síntomas na infancia: achegarse demasiado ao papel ou á pantalla, perder o lugar ao ler, cansazo rápido ou dores de cabeza.
Tamén son sinais de alerta a confusión de letras, frotamento constante dos ollos, tics oculares, lacrimación ao fixar a vista, inestabilidade ao camiñar ou dificultades para escribir. “Incluso con buena agudeza visual, algunos niños presentan problemas para concentrarse o comprender lo que leen”, lembra Mar Torviso.
Noelia Díaz engade outros indicadores relacionados coa lateralidade e a optometría: cruces visomanuais, alternancia de man despois dos 5 anos, torpeza corporal ou escritura desorganizada.
Moito máis ca unha revisión ocular
Mauricio Heredia explica a diferenza entre unha revisión convencional e unha avaliación optométrica comportamental: “Una revisión visual convencional cuantifica si ves bien de lejos o de cerca. En cambio, una evaluación optométrica comportamental valora y analiza cómo mueves los ojos, cómo enfocas, cómo trabajan los ojos en equipo y cómo integras la visión con el cuerpo y equilibrio además de la agudeza visual de lejos y cerca”.
Optometristas e oftalmólogos: dous enfoques complementarios
Mar Torviso tamén aclara: “El optometrista es un profesional sanitario no médico especializado en el funcionamiento visual… El oftalmólogo es un médico especialista en el diagnóstico y tratamiento de enfermedades oculares. Ambos enfoques son diferentes y complementarios”.
O centro colabora con oftalmólogos para ofrecer unha atención integral.
O equipo coincide en que existe “falta de información y desconocimiento entre la población sobre el trabajo que llevamos a cabo los optometristas”.
Compromiso coa formación e o traballo multidisciplinar
As instalacións do COC contan con espazos específicos para terapias personalizadas.
Mar Torviso engade: “Creemos firmemente que la excelencia en la atención visual solo se alcanza a través del trabajo multidisciplinar… Porque la optometría es la ciencia aplicada al acto más humano: comprender lo que vemos”.
Como solicitar cita
As persoas interesadas poden pedir cita por teléfono, WhatsApp ou a través do formulario dispoñible en www.cocribadeo.com. “Te confirmaremos el día y la hora lo antes posible…”, explican desde o centro.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



