Os populares advirten dunha “nova irregularidade” da rexedora socialista ao longo do mandato tras ter coñecemento do nomeamento dun alto funcionario amparándose nunha condición da norma que non cumpre o municipio
Burela, 2 de abril de 2026. O PP de Burela condena que “a alcaldesa e presidenta de Deputación de Lugo axilizara a comisión de servizo para un alto funcionario do Concello de Burela en base a un Real Decreto do ano 2018 que permite facer nomeamentos temporais de funcionarios a habilitados nacionais para municipios de menos de 1.000 habitantes, unha condición que non cumpre Burela”.
Os populares advirten que “isto supón, aparentemente, un nomeamento irregular gravísimo do que a señora López Moreno debe dar cumpridas explicacións ao conxunto dos veciños e veciñas de Burela”.
Máis alá deste caso do que tivemos coñecemento este mércores, este proceder da titular da alcaldía de Burela “non sorprende” ao Partido Popular. Dende o Grupo Municipal Popular lembran que “estamos máis que acostumados, dende o comezo do seu mandato, a ver continuas irregularidades e/ou ilegalidades que sempre cataloga como simple ruído”.
Os populares subliñan “os numerosos incumprimentos para os que non tivo esa axilidade resolutiva que si tivo para o nomeamento express do fillo dun compañeiro de partido”:
– A licitación do contrato da limpeza dos centros de titularidade municipal que afecta tamén aos colexios e que no pasado pleno se amosou en contra de sacar a concurso público de maneira urxente e transparente despois de ser consciente de estar sendo renovado en precario dende o comenzo do seu mandato.
– A licitación do contrato da recollida do lixo cuxa prórroga finalizou o ano pasado e que aínda non foi adxudicado tal e como o esixe a lei, sendo renovado en precario de forma inxustificada.
– A perda de postos de traballo subvencionado para os veciños e veciñas de Burela por non ter remitido en tempo e forma a Conta Xeral ao Consello de Contas de Galicia.
“Estes son 3 exemplos dun longo etcétera de incumprimentos aos que se unirán máis novos en breves datas que poñen ben ás claras que a señora López Moreno lle parecen máis importantes os intereses partidistas e persoais que o interese xeral dos veciños e veciñas de Burela”, engaden.
“Isto demostra que a súa convivencia coas irregularidades continuadas ao longo do seu mandato non é casual, senón que é unha forma de gobernar que pretende instaurar en Burela e, segundo parece, que tamén quere facer extensible á Deputación de Lugo”, conclúen.
























O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.


