A Xunta de Galicia recolle nos seus Orzamentos para 2026 ata 1,7M€ para avanzar no proxecto da EDAR do total de 8,7M€ que ten previstos para achegar en varias anualidades
Burela, 14 de abril de 2026. O PP de Burela urxe á alcaldesa a “asinar dunha vez por todas o convenio que ten pendente coa consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e deixe de dilatar no tempo algo que é necesario e indispensable para poder executar o proxecto da nova EDAR”.
“Trátase dun proxecto fundamental para Burela e para o que a nosa formación política leva moito tempo loitando. Concretamente dende o ano 2019 cando a Xunta de Galicia se comprometeu a executar esta obra”, segundo manifesta o portavoz popular, Manuel Rouco.
Os populares urxen á rexedora socialista a “amosar a mesma dilixencia con este asunto de transcendencia para o conxunto do municipio e dos seus veciños que para á hora de nomear persoal da súa confianza, por interese persoal, con cargo ao diñeiro público de tódolos veciños e veciñas”.
O portavoz do PP local subliña que “o convenio debería estar asinado fai 1 ano, pero a deixadez do goberno municipal que preside a señora López Moreno, demora de forma innecesaria unha situación que non debería chegar a este punto”.
Manuel Rouco lembra “o compromiso da Xunta de Galicia con Burela” que se demostra nos “numerosos investimentos que dirixe o Goberno autonómico á nosa vila” como é o caso da nova EDAR para a que nos seus Orzamentos do 2026 reserva 1,7M€ dos 8,7M€ previstos para achegar en varias anualidades.
Tamén en materia de augas, a Xunta contempla para este 2026 importantes cantidades “para continuar compromisos adquiridos para dar resposta ás necesidades da localidade”: 1M€ para a mellora do saneamento, dun total de 5,8M€ plurianuais, e 200.000€ para a mellora da potabilizadora de Cervo-Burela.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


