O novo procedemento permitirá regularizar a situación existente e abrir a explotación a persoas interesadas en igualdade de condicións
Vilalba, 14 de abril de 2026. O Concello de Vilalba vén de sacar a licitación a concesión do uso privativo do bar-cafetería da área recreativa da Madalena, un paso clave para normalizar a situación deste espazo e garantir unha xestión transparente e plenamente axustada á legalidade.
Con esta licitación ponse fin a unha situación herdada de anteriores gobernos, nos que a explotación do establecemento se realizaba sen un procedemento público en vigor, amparándose nun acordo do ano 2011 xa caducado. Ante esta realidade, o actual executivo municipal declarou caducada e rescindida a relación contractual existente, co obxectivo de restaurar a legalidade e defender o interese xeral.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliña que “era unha obriga deste goberno actuar con responsabilidade para rematar cunha situación irregular que nunca se debeu prolongar no tempo”. Engade ademais que “hoxe Vilalba dá un paso adiante, apostando pola transparencia, a igualdade de oportunidades e a boa xestión dos recursos públicos”.
Rouco destaca tamén que “calquera persoa interesada poderá optar agora a esta concesión en igualdade de condicións, nun procedemento aberto e con todas as garantías”. O obxectivo do Concello é ofrecer un servizo de calidade acorde ás necesidades actuais e contribuír á dinamización da área recreativa da Madalena, un dos principais puntos de encontro do municipio.
A concesión terá unha duración inicial de cinco anos, con posibilidade de prórrogas anuais ata un máximo de cinco anos máis, e fixa un canon mínimo de 967,28 euros mensuais (non suxeito a IVE).
Poderán presentar oferta persoas físicas, xurídicas ou unións temporais de empresas, sempre de maneira electrónica a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo para presentar propostas será de 20 días naturais a partir do 14 de abril de 2026.
A alcaldesa anima ás persoas interesadas a participar, lembrando que “se trata dunha oportunidade para emprender nun entorno privilexiado, cun gran potencial e cun Concello que aposta por facer as cousas ben”.
Entre as condicións da concesión inclúese a realización de melloras no interior das instalacións, como a renovación do falso teito e o pintado, actuacións que serán compensadas cun período de carencia de 16 meses no pagamento do canon.
Ademais, establécese un réxime mínimo de apertura anual, garantindo así a continuidade do servizo e reforzando o papel da Madalena como espazo vivo e dinámico para a veciñanza.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



