Francisco Conde sostén que “o sector necesita unha PAC máis sinxela, áxil e accesible, reducindo burocracia e ofrecendo regras claras que permitan ao agricultor e ao gandeiro traballar con seguridade xurídica e onde se prime o equilibrio de rendibilidade e sustentabilidade”
Lugo, 1 de abril de 2026. O PP da provincia de Lugo esixe ao Goberno de Sánchez defender ante o Consello da UE “un financiamento adecuado para a Política Agraria Común (PAC) despois do 2027” e “a redución da burocracia” para os agricultores e gandeiros que, na actualidade, supoñen “un lastre para a competitividade do sector”.
Os deputados nacionais Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades, e a deputada autonómica Raquel Arias lembraron durante unha visita a unha explotación gandeira en Sober que “desde o Partido Popular non estamos de acordo coa proposta da UE e, como sempre fixemos, “alzamos a voz en defensa dos gandeiros e agricultores que perciben este importante fondo, esencial nunha provincia como Lugo onde o sector primario é a base económica de moitas familias”.
Así, no Congreso os populares conseguiron aprobar unha iniciativa para reforzar a importancia da PAC, que constitúe un instrumento esencial para garantir a soberanía alimentaria europea, a seguridade de abastecemento e a cohesión territorial. O PSOE non foi quen de apoiar a iniciativa, xa que sigue a manter a súa equidistancia coas normas aprobadas pola Unión Europea e “prefire poñerse de perfil” ante un asunto tan relevante para o sector agrogandeiro do noso país.
Concretamente, os populares demandan ao Goberno de Sánchez defender os intereses dos agricultores e gandeiros españois no próximo Marco Financeiro Plurianual 2028-34 da Unión Europea; opoñerse ao recorte inasumible do 22% na Política Agraria Común; manifestar o firme rexeitamento á creación dun fondo único que dilúa a PAC entre outras políticas comunitarias e que poría en perigo os fondos de desenvolvemento rural; e tamén esixir que a PAC se manteña con presuposto propio, estable e suficiente.
“O sector necesita unha PAC máis sinxela, áxil e accesible, reducindo burocracia e ofrecendo regras claras que permitan ao agricultor e ao gandeiro traballar con seguridade xurídica e onde se prime o equilibrio de rendibilidade e sustentabilidade”, segundo manifesta Francisco Conde.
O deputado lucense tamén apunta que “o Goberno central é o único que pode negociar coa Comisión Europea e, incluso, utilizar o dereito de veto en aquelas decisións que se teñen que adoptar por unanimidade”.
Por outra banda, o Grupo Popular tamén lograba recentemente aprobar no Parlamento de Galicia unha iniciativa para “reclamar ao Goberno de Sánchez un plan extraordinario máis ambicioso que o contemplado de apoio ao sector primario ante a escalada de custos que afecta directamente á rendibilidade das explotacións”, segundo apuntou Raquel Arias.
A proposta dos populares inclúe bonificacións fiscais (a baixada do IVE da enerxía ao 10%, a supresión do imposto de xeración eléctrica ou a redución do IVE da carne, peixe, conservas e produtos lácteos), apoio específico ante o encarecemento dos fertilizantes que supera o 25% e liñas de financiamento preferente con avais públicos para garantir liquidez ás explotacións.
Os populares cren que “necesitamos unha reacción inmediata por parte do Goberno para defender os intereses de España e de Galicia, de forma que se garanta a nosa seguridade alimentaria e se fortaleza o sector rural no noso país”.
MEDIDAS DE APOIO AO SECTOR AGROGANDEIRO
Os representantes do PP lucense tamén puxeron en valor as medidas de apoio aprobadas polo Goberno galego ante a escalada dos custes de produción.
A Xunta de Galicia aprobaba este luns un paquete de medidas de 157M€ para atender aos sectores con maiores dificultades polas consecuencias do conflito bélico en Oriente Medio e ás familias máis vulnerables que se suma aos 120M€ que achega Galicia ao deixar de recadar coas rebaixas fiscais aprobadas polo Goberno de Sánchez.
Concretamente, o Goberno galego dirixe 19,4M€ ao sector agrario para a modernización das explotacións mediante a incorporación de tecnoloxías de agricultura de precisión, maquinaria e produtos orientado á mellora da eficiencia e da redución da dependencia de insumos externos. Máis da metade do investimento está previsto destinalo á promoción agroalimentaria a través do impulso de iniciativas orientadas ao fortalecemento das cadeas curtas de comercialización, á valorización do produtos local, á trazabilidade e á diferenciación nos mercados.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



