Viveiro, 10 de abril, 2026. Baixo o lema “Alimentos do Mar, alimentos de Vida”, o proxecto Pesca Saúde instalará puntos de información móbiles en Burela, Viveiro e Cedeira para divulgar os beneficios dos produtos do mar na saúde e dar a coñecer as súas propiedades nutricionais. Ademais, ofreceranse degustacións elaboradas por profesionais da restauración nunha foodbike.
Nestes espazos repartiranse guías nutricionais, materiais sobre hábitos de alimentación saudables e vales desconto para consumir nos establecementos adheridos á campaña.
Os eventos celebraranse no exterior dos centros de saúde, en horario de 11:00 a 13:00 h, nas seguintes datas:
• Martes 14: Burela
• Mércores 15: Viveiro
• Xoves 16: Cedeira
A programación completarase cunhas Xornadas Técnicas no mes de maio, na Casa do Concello de Burela, nas que profesionais sanitarias abordarán os beneficios do consumo de produto pesqueiro na saúde e no benestar.
Por que é importante consumir peixe e marisco?
Pesca Saúde xorde nun contexto no que o consumo de peixe fresco descendeu mentres aumentan os produtos ultraprocesados, unha tendencia asociada ao incremento de enfermidades cardiovasculares, metabólicas e inflamatorias.
Promover o consumo regular de peixe galego é, polo tanto, unha estratexia de saúde pública baseada na evidencia científica. O peixe e o marisco son alimentos de alta densidade nutricional: achegan proteínas de alto valor biolóxico, graxas cardiosaudables ricas en omega-3 (EPA e DHA), e nutrientes esenciais con poucas calorías.
Os seus beneficios están demostrados no sistema cardiovascular, na saúde cerebral e cognitiva, na saúde ósea e muscular, na inmunidade e no metabolismo.
Vales desconto e promoción nas peixarías
A partir do 15 de abril, as peixarías adheridas —identificadas co distintivo oficial da campaña— comezarán a aceptar os vales de desconto de 5 €, repartidos nos eventos dos centros de saúde.
Entre o 15 de abril e o 30 de xuño, todas as persoas que acumulen tiques por importe igual ou superior a 60 € nos establecementos participantes entrarán no sorteo dunha degustación para dúas persoas nun local de hostalaría.
Próximas accións: restauración e obradoiros
O proxecto continuará traballando co sector da hostalaría para deseñar menús saudables baseados en produto local e de tempada.
Ademais, celebraranse obradoiros de BatchCooking, unha técnica que permite organizar a cociña semanal preparando varias elaboracións nunha mesma sesión. Estes obradoiros irán acompañados dun receitario, dispoñible tamén na web do proxecto.
Que é Pesca Saúde?
Pesca Saúde promove o consumo de produto pesqueiro de proximidade, destacando o seu valor nutricional e o seu papel nun modelo alimentario sostible.
A iniciativa está financiada polo FEMPA 2021-2027 a través da Consellería do Mar e conta coa participación de sete GALP do litoral galego, coordinados polo GALP Costa Sostible. Tamén colabora a Consellería de Sanidade, integrando o proxecto na Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



