A central denuncia que a empresa Demaq Galicia non cumpriu a lei de prevención nin podía terlle encomendado tarefas de elevado risco ao operario falecido, que se atopaba en prácticas
Vilalba, a 18 de maio de 2025. A CIG presentou denuncia o pasado venres na Inspección de Traballo de Lugo solicitando que se realicen as dilixencia de investigación necesarias para esclarecer as causas e depurar responsabilidades polo accidente que lle custou a vida a un traballador en prácticas na empresa Demaq Galicia de Vilalba. A central nacionalista reitera máis unha vez as condolencias trasladadas á familia e ás compañeiras e compañeiros do traballador falecido e avanza que se persoará como acusación particular na causa xudicial aberta por este sinistro.
No escrito remitido á Inspección de Traballo, a CIG salienta que existen indicios claros de que a empresa non cumpría coa lei de prevención de riscos, ao non garantir unha protección eficaz e a integridade física do operario; e ademais non está acreditado que o traballador recibira a formación teórica e práctica necesaria sobre os riscos específicos do posto que desempeñada.
Hai que lembrar que o mozo de 24 anos estudaba unha FP dual e faleceu mentres realizaba tarefas de ensamblaxe e manipulación de estruturas metálicas de gran tonelaxe. Aínda que o convenio de colaboración subscrito pola Xunta e a empresa obriga a que o alumnado teña superada a formación en prevención antes de iniciar as prácticas, tendo en conta o plan de estudos do ciclo, parece claro que o traballador non contaba coa formación específica para os riscos reais que atopou -traballar con pezas de 500kg-.
Este feito constitúe unha neglixencia tanto na supervisión da empresa como na coordinación co centro. A isto súmase que as tarefas de alto risco e carga física que realizaba o operario no momento do accidente non se corresponden coas funcións previstas no plan de formación e incluso a avaliación de riscos da compañía non contempla a posibilidade de que persoas en prácticas realicen este tipo de actividades de alta perigosidade.
Para a CIG estamos ante o exemplo máis dramático e grave do que implica a concepción da formación dual: reducir a calidade educativa, avanzar na privatización do ensino e, sobre todo, fornecer as empresas de man de obra barata sen garantir a protección nin os dereitos laborais básicos do alumnado en prácticas.
Este sinistro mortal tamén pon en evidencia que a empresa ou carecía de procedemento de traballo en elevación ou este non se puxo en práctica, xa que de existir levaría consigo que a zona de perigo por debaixo da carga en suspensión estivera perimetrada e ningunha persoal traballadora puidera permanecer na traxectoria da carga no caso de que esta se deprendera. Esta operación ademais debería estar dirixida por un recurso preventivo.
Por isto, a CIG pide que se investiguen e aclaren os feitos, e unha actuación contundente para depurar as responsabilidades que poida existir. Porque desenvolver a actividade laboral nun lugar de traballo en condicións saudábeis e de seguridade é un dereito.

















Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



