A Mariña, 20 de maio, 2026. O político, emprendedor e impulsor cultural Juan Carlos Piñeiro Docampo foi incorporado como novo membro da Real Orde de Cabaleiros de María Pita, institución cultural e histórica fundada na Coruña en 1990 e dedicada a preservar, investigar e difundir a figura de María Pita, o seu tempo e o legado cívico da cidade.
O nomeamento foi aprobado no Capítulo Xeral Ordinario da entidade, dentro da relación de dez novos membros que pasarán a formar parte da Real Orde en 2026. A incorporación de Piñeiro Docampo supón un recoñecemento a unha traxectoria vinculada á cultura, á creación literaria, á innovación, ao emprendemento e á promoción de iniciativas con raíz galega.
Desde A Mariña, Piñeiro desenvolveu unha actividade diversa nos ámbitos político, cultural, empresarial e social, combinando proxectos de creación literaria, impulso patrimonial, dinamización territorial, innovación tecnolóxica e desenvolvemento de propostas vinculadas a Galicia. A súa entrada na Real Orde reforza esa liña de traballo a prol da memoria histórica, da identidade cultural e da proxección pública do territorio.
A Real Orde de Cabaleiros de María Pita ten como finalidade manter vivo o legado da heroína coruñesa e promover actividades culturais, históricas e divulgativas. Entre as súas iniciativas destacan os actos de homenaxe a María Pita, a recuperación dos Xogos Florais, ciclos de conferencias, publicacións e accións orientadas a reforzar o coñecemento da historia da Coruña e de Galicia.
Para Piñeiro Docampo, este nomeamento representa “unha honra e unha responsabilidade”, así como “unha oportunidade para seguir vinculando a creación cultural, a memoria histórica e o compromiso con Galicia desde unha mirada aberta, contemporánea e profundamente enraizada no territorio”.
A incorporación dun perfil ligado á Mariña a unha institución de referencia na vida cultural coruñesa supón tamén unha oportunidade para reforzar as pontes entre a comarca mariñá, A Coruña e o conxunto de Galicia, arredor de valores compartidos como a memoria, a cultura, a identidade e o servizo público.



























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



