“Lugo non pode converterse nun ensaio para recuperar, a toda costa, o poder local que a cidadanía negou democraticamente nas urnas”, advirte Pilar García Porto
Lugo, 20 de maio de 2026. Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se celebrará o martes, unha moción para impulsar un Pacto Galego Antitransfuguismo e promover unha lei galega que blinde as institucións fronte ao uso de tránsfugas para alterar maiorías democráticas.
A iniciativa preséntase tras a moción de censura promovida por Elena Candia no Concello de Lugo, que saíu adiante co voto dunha concelleira tránsfuga elixida nas listas do PSdeG nas eleccións municipais de maio de 2023. Para as e os socialistas, esta operación puxo fin a vinte e sete anos de gobernos progresistas na cidade “do peor xeito posible” e abriu un precedente “moi grave” para a democracia local.
A voceira provincial socialista, Pilar García Porto, subliñou que “a moción de censura é un instrumento legal e lexítimo do noso ordenamento democrático”, pero advertiu de que “o seu uso non pode ampararse na mera literalidade da norma cando contradí de fronte o seu espírito”.
“O acontecido en Lugo non só alterou un goberno concreto, senón que debilitou a confianza da cidadanía no propio sistema democrático”, remarcou García Porto, quen defendeu a necesidade de “pechar a porta aberta” tras a sentenza do Tribunal Constitucional de xuño de 2025, con reformas legais e coa aplicación efectiva dos compromisos políticos xa existentes.
A moción reclama abrir un proceso de diálogo institucional, coa participación das forzas políticas con representación parlamentaria, para negociar e asinar un Pacto Galego Antitransfuguismo que reforce a estabilidade institucional, a lealdade democrática e o respecto á vontade expresada pola cidadanía nas urnas.
O PSdeG propón que ese pacto impida que o transfuguismo poida alterar maiorías democráticas, facilitar mocións de censura baseadas na deslealdade ou xerar beneficios políticos, institucionais, económicos ou de representación para quen incorra nesta práctica. Ademais, reclama que estes principios se desenvolvan nunha lei galega con mecanismos de prevención, control e resposta fronte ás condutas tránsfugas nas institucións galegas e na administración local.
A iniciativa tamén insta ao Partido Popular a cumprir os seus propios estatutos, aprobados en xullo de 2025 no XXI Congreso Nacional, que consideran infracción moi grave valerse de tránsfugas para constituír ou cambiar maiorías de goberno nas institucións públicas. Nese sentido, o Grupo Provincial Socialista reclama que se incoe expediente disciplinario ás persoas responsables da operación política de Lugo, comezando por Elena Candia.
Do mesmo xeito, a moción rexeita o anuncio de Alfonso Rueda de promover unha modificación dos estatutos do PP para eliminar ou debilitar esa infracción. “O PP non incumpriu un código alleo, incumpriu o seu propio código. E agora pretende reformar non a súa conduta, senón o regulamento que o sinala”, advirten as e os socialistas.
O texto inclúe tamén a condena expresa da Deputación de Lugo a toda práctica de transfuguismo político e a calquera operación dirixida a alterar, á marxe do voto cidadán, as maiorías democraticamente constituídas nas corporacións locais e nas institucións. Ademais, propón trasladar o respaldo institucional da Deputación á cidadanía lucense que se mobilizou pacificamente na Praza Maior en defensa da vontade expresada nas urnas en maio de 2023.
García Porto defende que “Lugo non pode converterse nun ensaio para recuperar, a toda costa, o poder local que a cidadanía negou democraticamente nas urnas”. Por iso, afirma, “esta Deputación debe situarse con claridade ao lado da lealdade democrática, da vontade popular e dos concellos que merecen institucións limpas, estables e respectuosas co mandato da veciñanza”.
“O PP abriu en Lugo unha vía perigosa: a de converter a deslealdade política nun atallo para chegar ao poder”, advertiu a voceira socialista. “Dende esta Deputación imos defender con firmeza que ningún concello, ningún goberno e ningunha maioría democrática poida ser alterada pola compra política dunha vontade individual”, concluíu.

























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



