Lourenzá, 25 de maio, 2026. As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá celebran este ano o seu 30 aniversario, consolidándose como un proxecto educativo e deportivo de referencia na Mariña e no conxunto do país. Máis alá da práctica deportiva, trátase dunha iniciativa que forma en valores de convivencia, compañeirismo e esforzo.
Desde o BNG laurentino trasladan os parabéns a toda a comunidade deportiva e ás persoas que fixeron posible este proxecto ao longo de tres décadas, creando un espazo de aprendizaxe, participación e concordia. Para a formación nacionalista, esta efeméride é unha ocasión perfecta para recoñecer o labor do alumnado, dos técnicos e adestradores, dos patrocinadores, das directivas e do voluntariado, sempre implicado sen importar que sexa sábado ou domingo. Tamén salientan o papel fundamental das familias, nais e pais que empurran cando faltan vento e recursos, contribuíndo a levar o nome de Lourenzá polo mundo adiante.
As Escolas Deportivas e a Faba: dúas marcas de Lourenzá
“A mellor campaña publicitaria para Lourenzá son os éxitos das Escolas Deportivas, sen esquecer outra raíña laurentina: a Faba. Este tándem fai do noso concello un referente recoñecido tanto pola produción desta leguminosa como pola forza que lles aporta aos nosos deportistas”, afirmou a concelleira-portavoz Belén Fanego.
Novos tempos, novas necesidades
O proxecto iniciado hai 30 anos require hoxe un esforzo constante e unha maior dotación económica. As necesidades medraron: melloras en infraestruturas, adquisición e reposición de material deportivo, desprazamentos a competicións ou organización de eventos. Por iso, o BNG levará a pleno unha proposta para incrementar a partida orzamentaria destinada ao deporte e, en especial, ás Escolas Deportivas, consideradas un servizo esencial para a sociedade laurentina e para garantir que as futuras xeracións poidan seguir aprendendo e participando neste proxecto.





















A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.
Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oito paneis de carácter didáctico que repasan a historia do santuario, as súas pinturas medievais, góticas e marianas e a súa relación cos Camiños do Norte. O acto enmarcouse no inicio das festas, que concluíu coa lectura do pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo.
Faino despois de que esta semana aparecese vandalizada a lápida de Paulo Lopes nun acto que a entidade cualificou de racista e xenófobo. O colectivo expresou o seu apoio á familia e reclamou que se esclareza a orixe da agresión. A concentración terá lugar o luns 25 de maio, ás 20:00 horas, na praza do Concello de Burela, baixo o lema de apoio a Antonina Semedo e contra o racismo.
Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.


