O xogador do Breogán Arturs Kurcus achegouse esta mañá ao circuíto pastoricense onde se interesou polos detalles do evento
Lugo, 25 de maio de 2026. O xoves -28 de maio, ás 12:00 horas- remata o prazo de inscrición no Volante Deputación, que se celebrará a vindeira fin de semana no circuíto da Pastoriza.
A proba de condución deportiva, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación, ofrece a afeccionados e afeccionadas ao automobilismo a posiblidade de formarse e iniciarse na competición, en dúas xornadas nas que participan nun curso de condución segura e en probas cronometradas no propio circuíto.
O xogador do CB Breogán Arturs Kurcus achegouse este mediodía ás instalacións, onde se interesou polo funcionamento do evento, que se consolidou como canteira do automobilismo en Lugo.
O escolta letón, gran afeccionado ao motor, coñeceu as características do coche de competición co que o gañador ou gañadora do Volante Deputación poderá participar no Rally San Froilán, premio en xogo a fin de semana.
As solicitudes, dispoñibles na web de PTC Escuela, deberán enviarse ao enderezo electrónico piloto@ptcescuela.com. As solicitudes atendense por ordede recepción do correo electrónico coa documentación solicitada (modelo de solicitude de participación, fotocopia do DI e certificado de empadroamento), até cubrir as 160 prazas dispoñibles.
Requisitos de participación
A organización establece os seguintes criterios optar a partipación no Volante Deputación
– Ter entre 18 e 35 anos na data de celebración da selección (30 e 31 de maio)
– Estar empadroado/a en calquera dos municipios da provincia de Lugo, con anterioridade ao 14 de maio (data en que se abre o prazo de solicitude)
– Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos de calquera trofeo, copa ou campionato de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, slalom e autocross, nos últimos 5 anos (2021-2026, ambos os dous incluídos).
– Non ter quedado como piloto (condutor/condutora) entre os 5 primeiros postos da xeral na clasificación final de calquera evento ou proba de ámbito nacional ou rexional de calquera disciplina automobilística, con excepción do karting, slalom e autocross, nos últimos 5 anos (2021-2026, ambos os dous incluídos).
– Non ter gañado ningunha edición do denominado “Volante Deputación” ou outra selección de pilotos celebrada nos últimos 14 anos. (2012‐2025, ambos os dous incluídos)
-Estar en posesión do permiso de conducir nas que sexa imprescindible telo (formación de competición, adestramento e rally)
– Reunir, na data de celebración do Rally San Froilán do ano 2026, tódolos requisitos esixidos pola Federación Galega de Automobilismo para obter a Licenza de Piloto segundo a normativa para a expedición de licencias no ano en curso.
Apoio ao automobilismo
O Volante Deputación é un dos piares da rede de apoio da Vicepresidencia da Deputación a este deporte. Engádese unha convocatoria anual de axudas para pilotos de rally cunha dotación de 45.000 euros e o patrocinio dos rallys de campionatos galegos e estatais que se disputan nas distintas comarcas ao longo do ano




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



