Navia, 27 de maio de 2026. O Concello de Navia iniciou formalmente os trámites para dotar ao concello dunha nova instalación polideportiva. O Concello aprobou a adxudicación do contrato menor para a elaboración do “Estudio de viabilidad del nuevo polideportivo de Navia”, un paso imprescindible para avaliar e deseñar con garantías o futuro complexo deportivo.
A necesidade desta nova infraestrutura vén motivada polo notable crecemento da actividade física no municipio. Na actualidade, as instalacións deportivas de Navia resultan insuficientes para cubrir a alta demanda dos clubs locais e das persoas deportistas, así como para a correcta organización das distintas competicións deportivas que acolle o concello. Ao non dispoñer o consistorio dos medios técnicos propios para unha análise desta envergadura, recorreuse á contratación dunha consultoría externa especializada.
Este documento técnico identificará as necesidades reais do tecido deportivo naviego, determinará a ubicación máis axeitada dentro do concello e definirá o modelo de instalación máis apropiado. Así mesmo, o informe detallará o custo aproximado da construción da infraestrutura e explorará as posibles vías de financiamento a nivel autonómico, nacional e internacional ás que poderá acollerse o Concello.
Con este proxecto, o equipo de goberno busca ofrecer unha solución a longo prazo á saturación dos espazos actuais, reafirmando o seu compromiso co fomento do deporte, a saúde e a mellora dos servizos públicos para todos os veciños e veciñas de Navia.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



